Dani García no Campionato Mundial de Maxia

Redacción. -

O mago Dani García vén de ser seleccionado para o Campionato Mundial de Maxia de Rúa que se celebra en Turín (Italia) do 2 ao 5 de xuño. O galego foi un dos dez magos escollidos para participar neste certame organizado polo Master of Magic World Convention. Participará co seu espectáculo Don Gelati, un espectáculo de maxia e humor no que conta con Fran Rei como asesor cómico.

Dani García fundou a súa propia compañía hai case 20 anos co obxectivo de producir e interpretar os seus propios espectáculos, e dende entón o prestixio do seu nome non deixou de medrar. Na actualidade compaxina as actuacións en Galicia con estancias, funcións e formacións nos Estados Unidos.

31 de maio de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión