Premios Rebulir da Cultura Galega

Redacción. -

O Xurado dos IX Premios Rebulir da Cultura Galega 2022 decidiu que as premiadas e premiados nesta edición fosen:

1. CATEGORIA MÚSICA GALEGA:  Ao grupo FUXAN OS VENTOS no seu 50 aniversario pola súa dilatada traxectoria no eido da música tradicional e popular galega, poñendo en valor a poesía e cultura endóxena.  

2.CATEGORÍA ARTES ESCÉNICAS:  A CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN por preservar e difundir a tradición oral galega desde o respeto, e levar os contos do noso rural a diferentes escenarios poñendo en valor a creatividade propia. 

3. CATEGORIA HOMENAXE: a XOSE LUIS MENDEZ FERRÍN por ser un dos máximos expoñentes da literatura galega contemporánea e difusor da cultura propia a través da súa obra chegando a diferentes públicos. 

Parabéns a todos/as os/as candidatos/as e noraboa aos premiados/as.


29 de xul. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión