Moncho Paz
Hoxe cúmprense 80 anos do pasamento de Janusz Korczak, médico
pediatra nado en 1878 no seo dunha familia xudea polaca. Dende 1912 dedicouse a
coidar meniños orfos, sen familia ou desamparados. En 1940 foi obrigado polos
nazis a trasladarse co persoal do orfanato e douscentos raparigos ao gueto de
Varsovia. A resistencia xudea quixo axudalo clandestinamente para salvalo dunha
morte segura. El só puxo unha condición: sacar primeiro aos rapaces. Mais non
foi posible.
0 6 de agosto de 1942 os nazis deixaron baleiro o hospicio e levaron
aos nenos ao campo de exterminio de Treblinka. Korczak acompañounos naquela derradeira
viaxe e estivo con eles ata o final. O Concello de Santiago aprobou hai uns
días o nomeamento dun espazo público na súa memoria, convertendo a Compostela na
primeira cidade en recoñecer a súa figura en España, que pasará así a formar
parte do conxunto de países que homenaxearon a este home senlleiro. Parabéns pola
iniciativa.
0 comentários :
Danos a túa opinión