'Cuñados' no Auditorio de Vilalba

Redacción. -

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, tócalle o turno á película “CUÑADOS”, dirixido por Toño López.

A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 17 de setembro de 2022, ás 20:00 horas.

SINOPSE:

Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen atope a solución ao problema, secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os engañou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un euro polo seu cuñado. Así a todo, é o propio Modesto quien urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a bodega familiar. Eduardo, Sabonis e Modesto téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.

CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO

Película Finalista

FICHA TÉCNICA:

Dirección de produción: Ana Míguez, Javi

Reparto: Xosé Antonio Touriñán, Miguel de

Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños, Mela Casal, Manuel Cortés Producción executiva: Alfonso Blanco Maquillaxe e perruquería: ChichaBlanco Montaxe: Lu Rodríguez Música orixinal: Santi Jul, Iván Laxe Son: Alfonso Couceiro, Santi Jul, Iván Laxe Vestiario: Saturna

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO BEN DIRECTAMENTE NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

13 de set. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión