Redacción. -
Fisión Atlántica presenta dous novos proxectos: 'Haydn en Guláns' e 'Mozart á galega'.
Haydn en Guláns é un disco/libro gravado na Igrexa parroquial de Guláns (Ponteareas) en xaneiro de 2023. O disco contén catro cuartetos para frauta e trío de cordas de J. Haydn coas Danzas de Reis de Guláns, interpretadas cunha “Pipa galega” ou Musette por Pablo Carpintero. O libro sobre a figura de J. Haydn está escrito por Suso de Toro e publicado por Edicións Xerais de Galicia. Estará a venda a finais de 2023.
Mozart á Galega é un disco/libro gravado na Igrexa de San Pedro Fiz do Íncio en xuño de 2021. Inclúe catro cuartetos de W. A. Mozart para frauta e trío de cordas con catro músicas tradicionais de Galicia. O libro está escrito por Fina Casalderrey e foi publicado por Edicións Xerais de Galicia.
Ambolos dous difúndense en sendos recitais dunha hora de duración poden incluir unha sesión didáctica previa ao propio recital.
Pódese atopar máis información en:
http://fisionatlantica.com
Intérpretes:
Frauta: Luis Soto
Violín: Nikolay Velikov
Viola: Ioana Ciobotaru
Violonchelo: Álvaro Quintanilla
Pipa galega: Pablo Carpintero
0 comentários :
Danos a túa opinión