Redacción. -
Instituto de Estudos Chairegos organiza o venres 10 de marzo de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a CONFERENCIA “A cousificación e mercantilización do corpo das mulleres. Revisión das cantigas de tradición oral”, impartida por VANESA SISO. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha. Esta será a segunda conferencia correspondente ao ciclo MULLERES GALEGAS, programado polo IESCHA para levar a cabo durante todo este ano 2023. A primeira tivo lugar no mes de xaneiro e correu a cargo de GERMÁN CASTRO que nos falou da científica galega ÁNGELES ALVARIÑO. VANESA RUT SISO CALVO Xornalista especializada en comunicación política e social, técnica de igualdade. Entre a súa importante e variada actividade destacaremos: PONENCIA EN XORNADAS SOBRE A IGUALDADE: 2019- Teoría feminista, UNED 2018-2019- Participación tertulias radiofónicas igualdade, Foro Feminista Maruxa Mallo de Lugo. 2015- Mocidade e feminismo, Observatorio de Igualdade de A Coruña. COMUNICACIÓN/ PRENSA 2013- Prácticas do Grao en Xornalismo: La Voz de Galicia 2015- Prácticas do Máster en Comunicación política e social: Deputación de Lugo 2016-2018- Redactora Crónicas da Comarca Redacción de noticias, reportaxes, crónicas, especiais, entrevistas 2020-2021- Gabinete Comunicación Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Comunicación institucional 2021-2022- Servizo Comunicación Concello de Burela Comunicación institucional AFICIÓNS / TEMAS DE INTERESE • Impartición música tradicional en asociacións • Voluntariado Community Manager (ACASC) • Voluntariado con mulleres musulmanas (YMCA)
0 comentários :
Danos a túa opinión