Redacción. -
O vindeiro venres 5 de maio o Instituto de Estudos Chairegos presentará catro libros da súa colección Biblioteca Chairega que escolman moitos dos artigos publicados na web avozdevilalba.gal polos tres autores da mesma e por unha trintena de colaboradores ao longo dos seus quince anos de vida que agora, en 2023, rematan, precisamente cando se cumpren corenta anos do nacemento do xornal A Voz de Vilalba en papel. Os libros son:
-Baixo a Pravia Autor: Paulo Naseiro Limiar: María Xosé Lamas Ilustración portada: Baldo Ramos Nº da colección: 31
-Como rematar cos libros dunha vez por todas Autor: Mario Paz González Limiar: Helena Villar Janeiro Ilustración portada: Baldo Ramos Nº da colección: 32
-Pílulas de vendimario Autor: Moncho Paz Abecedario: Pilar Maseda e Iria F. Crespo Obituario: Miguel Barrera Ilustración portada: Baldo Ramos Nº da colección: 33
-Outras voces Autor: Autores varios Limiar: Marisa Barreiro Ilustración portada: Baldo Ramos Nº da colección: 34
O acto contará coa intervención de BARUK DOMÍNGUEZ e MARISA BARREIRO e terá lugar na CASA DA CULTURA DE VILALBA, o venres 5 de maio de 2023, ás 20:00 horas.
0 comentários :
Danos a túa opinión