Redacción. -
A Nova Poesía Guitirica NPG xa ten designado os xurados da VII Edición do Certame Vilarinhas.
Na categoria de adultos serán María Xosé Lamas, Emilia Martinez Fuentes e Jacobo Sánchez Quintela JAKI actuando como secretario sen voto Antón Tenreiro (Antón de Guizán).
Nas dúas categorías escolares profesores/as do IES Diaz Castro xulgarán as vilarinhas do IES Basanta Silva e profesorado do Basanta Silva xulgará as vilarinhas do alumnado de Guitiriz. A participación do alumnado de primaria do CEIP Lagostelle será sen concurso.
O prazo de entrega rematará o día 3 de maio ás 14:00 horas.
As Vilarinhas (micro-poema de mínimo dous versos e máximo 3 con imaxe) terán dois prêmios por categoría que recibirán unha pesa feita a man pola artista Viki Rivadulla. As creacións poden enviarse ao correio npggazeta@gmail.com indicando nome ou pseudónimo e um número de contacto.
O fallo dos citados farase público o 17 de maio Día das Letras Galegas e a entrega de premios será dentro das actividades do III Festival de Poesía Guitirica coa entrega tamén do prêmio de poesía Xosé María Díaz Castro.
0 comentários :
Danos a túa opinión