Budapest, outono de 1956. Un operador de cámara atópase de súpeto cun grupo de manifestantes que tratan de derrubar unha estatua de Stalin, mentres outros tentaban recortar o emblema comunista da bandeira húngara. Era Joseph Miko, que traballaba para a TV estatal.
Tras a Segunda Grande Guerra, Hungría convertérase nun país satélite da Unión Soviética. Aquel outono, os seus habitantes trataban de revocar o acordo acadado entre rusos e estadounidenses e Miko filmou aos manifestantes cando estaban a ser atacados pola policía secreta e despóis percorreu en moto a cidade tomando imaxes daquela revolución e da reacción soviética nos días sucesivos: centos de tanques rusos tomaron as rúas de Budapest mentres o pobo lles lanzaba cócteles Molotov.
O home que arriscou a súa vida ao filmar a revolución húngara -e conseguir que a película atravesara as fronteiras do seu país para que o mundo pudiera coñecer a resistencia do pobo maxiar ante a invasión soviética- finaba hai uns días en Los Ángeles, California, a cidade que o acolleu durante máis de cincoenta anos. Joseph Miko, defensor da liberdade, deixounos aos 87 anos. Descanse en paz.
Para máis información sobre a revolución húngara de 1956, recomendamos a novela Magyar Posta, de Paulo Naseiro, da que poden descargar o seu primeiro capítulo na columna de saída desta páxina web.

Said
The Miko Collection foi unha arma de dobre gume. Por unha banda serviu para abrir os ollos a unha opinión pública occidental que descubriu a verdadeira cara do stalinismo. Mais as moitas horas de filmación tamén cairon en poder do KGB, que as utilizou para represaliar a milleiros de húngaros. O propio Miko viviu atormentado por iso. Pero, ao fin, constitúen un dos relatos máis estarrecedores sobre a violencia política do século XX. Agora que van desaparecendo moitos dos protagonistas principais se cadra será o momento de comezar unha reflexión moi seria acerca das atrocidades cometidas no nome das ideoloxías ou, máis ben, dos tiranos sen ideoloxía.