Paulo Naseiro
A Banda de Música de Vilalba e a Escola Municipal de Teatro, xerida polo Centro Dramático Vilalbés, iniciaron a que agardamos sexa unha longa e fructífera colaboración poñendo en escena a peza musical Peer Gynt, baseada nas obras homónimas de Henrik Ibsen e Edward Grieg. O numeroso público que tivo a fortuna de presenciar esta montaxe no auditorio vilalbés levou, coma min, unha moi agradábel sorpresa.
Se algo se pode destacar dun conxunto en xeral magnífico, quedamonos coa impecábel intepretación das partes seleccionadas para a ocasión da obra de Grieg por parte da agrupación musical, e sobre todo d´A mañá e O rei da montaña. Por parte dos xoves interpretes da EMT, queda para a antoloxía a escena da treboada e o naufraxaio de Peer Gynt, simplemente emocionante. Só hai que dicir que se nos fixo curta a duración total da montaxe, se cadra polo intenso disfrute que nos brindaron.
O refrendo do público asistente, posto en pé, ten que servir de empurrón para esta mocidade chea de talento e ilusión e entregada ás artes escénicas e musicais como parte integrante da súa formación. Tamén para que no futuro os responsables das diversas entidades culturais tomen conciencia da necesidade de unir esforzos, no canto de cultivar cada quen a súa leira.
Parabéns especiais e aínda que parciais pola miña parte para César Concheiro e María Xosé Lamas, responsábeis da feliz iniciativa, e que demostraron unha vez máis as súas capacidades.

Said
Yo también espero y deseo que esto fructifique y continue el buen camino que comenzó ayer. Vilalba siempre se ha caracterizado por su buen hacer cultural y sería una pena que las nuevas generaciones no continuen con esta sana tradición. Aprovecho y te felicito por tu blog.
Said
Eu si tiven a sorte de ver o espectáculo e estou totalmente dacordo co Naseiro, foi impresionante.
Gústame especialmente o chamado a unir esforzos. Desgraciadamente hai moito minifundio por aquí.