Hoxe inaugúrase a mostra "Nós mesmos" no Centro Galego de Lisboa

Redacción

A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, organizada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, será inaugurada hoxe ás 19´30 horas no Centro Galego de Lisboa, onde poderá visitarse ata o 26 de xullo.

O acto contará coa presenza de Ramón Villares, Presidente do CCG; Manuel Luís Rodríguez González, Secretario Xeral de Emigración; e Vicente Peña Saavedra, comisario da mostra xunto con Pilar Cagiao Vila.

27 de xuño de 2008

0 comentários :

Danos a túa opinión