Redacción
Mañá, domingo 29, repartirase nos quioscos e librarías da capital chairega un número especial d´A Voz de Vilalba. Retomamos o formato de papel para celebrar dúas efemérides deste 2008. Hai cen anos nacía, da man de Manuel Mato e Xosé Novo, El Eco de Villalba, o primeiro xornal do que sería unha longa xeira xornalística local deica hoxe. Por iso, A Voz de Vilalba compartirá cabeceira con todos os medios escritos que dende 1908 atenderon ao seu compromiso coa liberdade de prensa e información.
Ademais, un 29 de xuño do xa lonxano 1983 nacía A Voz de Vilalba. Van alá 25 anos, un cuarto de século dunha cabeceira que xa é parte desta pequena historia. avozdevilalba.com naceu hai poucos meses para conmemorar este aniversario, pero tamén para renovar o noso compromiso coa prensa libre, coa libre opinión e a información cercana. Nesta altura superamos as 200 visitas diarias, un seguemento que nos enche de orgullo, e que debemos agradecer en primeiro lugar aos nosos colaboradores e a todos os lectores fideis que acoden, de día en día, en procura de novidades.
Por iso quixemos celebrar este 29 de xuño dun xeito especial, retomanto o papel como soporte, volvendo a ser un medio tradicional por un día, para ofrecer un número extraordinario. É, se cadra, unha cuestión de nostalxia, pero tamén un compromiso cun xornalismo local de calidade, unha aposta pola continuidade da nosa cabeceira, adaptada á realidade dun mundo global en rede pero que non esquece as súas orixes, naquel caloroso xuño de 1983, no que a vella multicopista "vietnamita" Gestetner, verde e a manivela, do Colexio Ínsua Bermúdez , grazas á xenerosidade de Xosé Antonio Varela e Chema González Barcia, tiraba os primeiros 200 exemplares do noso xornal.

0 comentários :
Danos a túa opinión