Redacción
É unha boa noticia saber que a nova ITV para a provincia de Lugo ubicaráse finalmente en Vilalba; trátase dun servizo pensado para revisar perto de 30.000 vehículos existentes na comarca da Terra Chá e nas localidades cercanas de Eume, Meira e Lugo.
Xunto á de Vilalba crearánse outras nas localidades de Baio (A Coruña), Xinzo de Limia (Ourense) e Bueu (Pontevedra). As catro terán unha configuración similar se temos en conta que os parques de vehículos das zonas que lles corresponden non difiren en exceso e oscilan entre os 22.000 e os 38.000 automóbiles. Tanto a chairega como as outras terán maquinaria de última xeración e plantas de 2.500 metros cadrados e, ademais dunha liña de inspección, como ven sendo habitual, outra complementaria para ciclomotores, que, segundo a nova lexislación, a partires de 2009 non terán máis remedio que pasar a revisión.
Estas catro estacións, xunto con tres unidades móbiles itinerantes e un túnel de frío, contribuirán a reforzar unha rede integrada na actualidade por 19 estacións fixas e seis móbiles e que, a día de hoxe estaba a piques de resultar algo deficitaria dado o incremento do parque automobilístico galego nos últimos anos antes da chegada da actual recesión do sector.
Said
Supoño, digo eu, que o mesmo que alardea o PP das cousas que fai, de moito lucimento e pouco prácticas e que todos xa coñecemos, e se magnifican nos medios de comunicación, polo que eu entendo, foi o BNG o que logrou para Vilalba a ITV, ocórreseme que tamén se debe destacar este feito e decir claramente que foi o BNG e non outro quen fixo as xestiós pertinentes.
Esta sí é unha boa nova para Vilalba