O grupo municipal do PP propuxo a creación dunha comisión de investigación sobre as obras que realiza a Consellaría de Educación no CEIP Ínsua Bermúdez, e que deron lugar ao accidente do pasado martes, así como á irada reacción dos pais e nais da comunidade escolar.
Independentemente da investigación xudicial que debe dar lugar a responsabilidades pola importante neglixencia que estivo a piques de causar unha traxedia, e máis do oportuno expediente da inspección de traballo relativo ás escasas condicións de seguridade e hixiene vixentes durante o desenvolvemento das obras, esta comisión podería dar resposta ás responsabilidades municipais, xa que o Concello competente en cuestións de licenzas de obra e policía urbanística en xeral.
Os dous grupos da oposición municipal, PSdG e BNG, amosáronse contrarios á iniciativa, que consideran como "oportunista".
Pais e nais consultados por A Voz de Vilalba acollen positivamente a iniciativa, sempre que non fique nunha mera arma política. Advertiron asemade que non queren que se trate de instrumentalizar a cuestión, por parte de calquera grupo político, toda vez que estiveron ausentes nos días seguintes, nos que a procura dunha solución inmediata ao problema correu exclusivamente a cargo dos proxenitores.
Por outra banda os tres grupos do Parlamento de Galiza dirixiron preguntas sobre o suceso á Consellaría de Educación.

_____________________________
PASOU O DÍA, PASOU A ROMARÍA
Paulo Naseiro
Andan agora os políticos a rosmar no seu, como os nenos: "fuches ti", "non, ti", "ti mil veces", pois ti dúas mil"... "e ti tres mil trescentos millóns, ala!" O idóneo, xa sei que son un inxenuo, sería tratar de estudar o que pasou para evitar, no futuro, problemas semellantes. Pero non. O PSdG presenta unha pregunta no Parlamento, pero xa adianta que é para que a Conselleira se luza explicando como "resolveron o problema", raudos e dilixentes. Din tamén que a este "accidente" non hai que darlle "máis trascendencia que a que ten".
Desemulen se disinto, pero semello fabricado para iso: En primeiro lugar, eu podo adiantarlles algunha explicación antes de que volva a conselleira de Nova Iorque, se aínda segue por alá. O mesmiño xoves pola mañá, dous días despois do que vostedes chaman "accidente", técnicos e políticos seguían empeñados en non paralizar completamente as obras do centro. Foi a forte presión dos pais, dispostos a tomas todas as medidas posíbeis, a que logrou pór un pouco de cordura na tolemia institucional.
Despois recoméndolles, se queren chegar algún día á altura oratoria dalgúns dos seus devanceiros parlamentarios, unha consulta ao diccionario da Academia: "Accidente" é un suceso imprevisto e casual que altera a orde regular das cousas. "Neglixencia" é a falta de prudencia ou precaucións. Onde lles encaixa mellor a barbaridade do outro día? Eu non teño dúbidas, e coido que vostedes tampouco deberían telas.

Said
Parece que os populares teñen que aproveitar calquera coxuntura para desviar a atención sobre a crise pola que está atravesando o PP. E todo por querer ter outros compañeiros de viaxe para esta lexislatura, sei que non chega coa Conferencia Episcopal.
Said
Xa está ben de que os do PP nos queiran dar leccións a todos de que eles son os verdadeiros e mellores xestores deste País. Dame noxo escoitar a Agustín Baamonde na radio, dando unha lección maxistral do que é a demagoxia en todos os seus aspectos. Enganados nos tivo a todos este Sr. que empezou como independente nas listas dese partido, porque lle daba vergoña que o viran como militante, pero que ao ver o chollo que era o da política deixou de lado a súa profesión para vivir do conto.
Said
A min sen disentir das consideracións que fai Pablo Naseiro, e decindo que é certo que a consellería ten que dar as explicacións pertinentes os pais, que sen dúbida foron os que mellor se comportaron neste caso, e digo pais e non asociación de pais que deu vergoña. Gustaríame que o señor alcalde explicase algo que sei de boa tinta: como na comisión de urbanismo onde se deu licencia para facer dita obra, fixo unha defense de como había que facer a obra durante o curso porque non daban rematado no verán soamente, que así o tiña comunicado a consellería e estaba dacordo, non sei a que ven agora esas críticas tan fáciles agora que sucedeu o "accidente", que explique como segue sen poñer unha barandilla na baixada da Praza de Sta María cara as Pedreiras ou segue sen poñer algo para reducir a velocidade en Plácido Peña á altura do Asilo como lle solicitaron os socialistas nesta lexislatura nos plenso do consistorio. Para queixarse hai que dar exemplo.
Said
O PP está ben que pida unha comisión de investigación, pero para investigarse a si mesmos, pois son moi sospeitosos os seu movementos, como no caso dos concelleiros que se pedía a demisión.
En todo caso eles,-o PP-,como Gobernantes tiñan e teñen o deber de seguir as obras, pois son os que dan as respectivas licencias para poder facelas, e que se saiba non se dixo nada en contra, polo que son máis responsables, ao meu modo de ver as cousas, por ser o Organismo Público mais perto do cidadán, ter representación no Consello Escolar e responsable de mantemento dos Colexios, engadido o Insua Bermúdez.
Cando menos o representante do Concello no Consello Escolar, debería ter a decencia de presentarse á opinion pública, e dar as oportunas explicacións sobre o tema.
Outro que debería dimitir e largarse para a casa.