Ramón Villares, na sede do CCG (Foto: Nacho Santás)
Redacción
O foro de debate “Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade”, previsto para os días 19 e 20 de xuño no Consello da Cultura Galega (CCG), será presentado en rolda de prensa mañá martes 10 de xuño, ás 12 horas, na sede da entidade. Intervirán: Ramón Villares, Presidente do CCG, e Henrique Monteagudo, secretario da institución e coordinador do foro. O terceiro dos seis foros de debate organizados polo CCG para conmemorar os seus 25 anos (1983-2008) analizará a situación actual e as perspectivas de futuro do idioma galego e debatirá sobre a diversidade lingüística e as formas de convivencia nas sociedades plurilingües coa participación de destacados especialistas de universidades europeas.
0 comentários :
Danos a túa opinión