Enciclopedia Galega Universal on-line

Redacción

Desde onte, xoves 10 de xullo, ás nove da mañá está na rede a Enciclopedia Galega Universal (EGU) que poderá consultarse de xeito gratuíto, cando menos ata o 8 de outubro.
O proxecto xurdíu da editorial Ir Indo, dirixida por Bieito Ledo Cabido e conta co apoio das Consellarías de Cultura e de Educación e das Secretarías de Política Lingüística e de Emigración da Xunta de Galicia.
As máis de 200.000 entradas permanentemente actualizadas poden consultarse en catro idiomas: galego, castelán, inglés e portugués. Entre os contidos da EGU atópanse abundantes arquivos multimedia, vídeos, imaxes animadas, audio e voz o que permite escoitar a información que apareza na pantalla co fin de resultar accesible a persoas con discapacidade. Inclúe tamén abundante material didáctico, xogos e concursos.
Quizáis unha das características máis importantes desta iniciativa é a de poder ofrecer, coma sinalou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, unha información capaz de "unir credibilidade con universalidade", algo non sempre doado na rede.

O ambicioso do proxecto fai que a súa sostenibilidade non sexa doada aínda que conte con as axudas oficiais citadas. Por elo, a editora non descarta ir na procura de novas fontes de financiación para evitar que suceda o mesmo que co seu Dicionario de Galego on-line que tivo que seres retirado logo de que quedase deserta a convocatoria dun concurso público para apoialo.
Pica na imaxe superior ou aquí para acceder á EGU.

11 de xul. de 2008

0 comentários :

Danos a túa opinión