Tal e coma, desgrazadamente, ven sucedendo nos últimos anos, Galicia volta a ser de novo unha das comunidades (xunto con Castela e León e Extremadura) con máis risco de incendio neste verán que ten comezado.
Isto é a conclusión á que chegou Adena no seu Incendiómetro 2008, no que analizan, unha vez máis, os riscos e o tipo de previsión que se está a levar a cabo en diferentes lugares da península e as illas. Frente a Galicia e outras, temos o caso de comunidades, tamén do Norte, coma País Vasco, Navarra, Murcia, Baleares, A Rioxa ou Madrid, onde o risco é moito máis limitado.
Non deixa de chamar a atención o feito de que estudios coma este revelan que, aínda que, a nivel xeral, ten mellorado o campo da prevención na última década, o número de incendios foi crecendo de xeito exponencial no mesmo periodo de tempo dándose coma causas delo o considerable aumento do material combustible nos montes, así coma a crecente despoboación do rural, que fai que o interés dos políticos cara este medio decreza.
A conclusión é que fai falla máis inversión e máis prevención para frear o que, unhas veces por vandalismo e salvaxismo, outras por descuido ou desinterés, supón unha grande perda de riqueza paisaxística, ambiental e, por que non, tamén cultural.
0 comentários :
Danos a túa opinión