A exposición "Nós mesmos..." chega a Bós Aires


Redacción


A exposición itinerante Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración, organizada polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración, e en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, será inaugurada esta tarde ás 18 horas na Delegación da Xunta en Bós Aires (Arxentina), onde poderá visitarse ata finais de agosto. O acto contará coa presenza de María Xosé Porteiro, Delegada da Xunta, e Manuel Luís Rodríguez González, Secretario Xeral de Emigración. Outra versión desta mostra pode verse ata o 26 de xullo no Centro Galego de Lisboa.

23 de xul. de 2008

0 comentários :

Danos a túa opinión