Redacción
A exposición "Galicia, o sorriso de Daniel", promovida polo Consello da Cultura Galega, será inaugurada mañá mércores día 9 de xullo nos espazos da Intendencia Municipal de Montevideo (Uruguay), e poderá ser visitada durante todo o mes. A mostra, de grande forza visual, ten como referentes as figuras do profeta Daniel do Pórtico da Gloria e Daniel Castelao, autor de “Sempre en Galiza”, e foi deseñada para dar a coñecer a realidade e a diversidade da cultura galega nas súas distintas e plurais manifestacións.





0 comentários :
Danos a túa opinión