Pedíronse ou non dimisións?


Iago Castro

Martín Seco García, concelleiro do Grupo Municipal Socialista, aportounos a visión da súa formación verbo da información publicada o día 15 de abril titulada "PSOE desbota a petición de dimisións".

Foron moitos os comentarios recibidos, tanto nun sentido coma no outro. Se cadra, hai que darlle a cada quen o que lle corresponde. Explicome:

- Por unha banda, e contra o afirmado na rolda de prensa celebrada polo GMS con anterioridade, a moción escrita presentada ao pleno por eles non contén referencia ningunha á petición de dimisións.

- Sen embargo, de forma verbal, a voceira do GMS Elba Veleiro si pediu a dimisión dos concelleiros populares Xesús Bermúdez e Iolanda García, así como a asunción de responsabilidades políticas durante a exposición da moción.

Para quen quera saber máis, aquí está a copia da acta oficial do pleno facilitada a A Voz de Vilalba por Martín Seco.


9 de xul. de 2008

1 comentários :

  • A verdade é que non se pideu a dimisión dos concelleiros, eles mesmo o dicen cando fan referencia a acta oficial do Pleno.
    Xa está ben de tomaduras de pelo Martin, non nos queiras enganar, xa que oficialmente non se pide a dimisión, simplesmente se fai unha declaración de intencións no contexto da defensa da moción, pero.....non se pide a dimisión na Moción.
    Si o GMS quere ter a credibilidade que pretende, que presente outra Moción na que se pida A DIMISIÖN DOS CONCELLEIROS DO PP implicados.
    O resto son patrañadas que poden colar en outros ambitos.Neste caso si é certo o que o GMS dice, xa non faría falla nin pedir dimisións, e que deberían dimitir os concelleiros do PP por hixiene democrática, e supoño que tamén tería que facer algo quen rexe o Concello cós votos da cidadania, que non vasallos.

    10 de xullo de 2008, 16:07

Danos a túa opinión