Números especiais de A Voz de Vilalba












Redacción





Se queren completar a colección de A Voz de Vilalba, poden obter, picando na imaxe da súa portada que acompaña a este texto, calquera dos  números especiais editados en papel cunha periodicidade anual:
  1. O número de primavera de 2007, editado co gallo da publicación da edición facsimile a cargo da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid e do Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba.
  2. Especial 25º aniversario de A Voz de Vilalba, no que tamén se conmemoraba o centenario da prensa local vilalbesa.
  3. Especial 25 de xullo de 2009, que conta con artigos dos sociólogos Fermín Bouza e Bernardo García Cendán, o filósofo Antón Baamonde, o poeta Bruno Marcos, o crego Afonso Blanco ou o escritor Xosé Manuel Pacho, último gañador do premio Torrente Ballester.
  4. Especial xuño de 2010, que conta con artigos de Xavier P. DoCampo, Paco Martín, Mario Paz González, Afonso Branco Torrado, María Xosé Lamas, Chema Felpeto, Antón Baamonde, Xosé Manuel Pacho, amais dunha entrevista feita en París ao escritor vilalbés Ramón Chao. 
  5. Especial San Ramón 2011, que conta con artigos de Ramón Chao, Fermín Bouza, Chema Felpeto, María Xosé Lamas, Miguel Barrera, Alba S. Naseiro, Bruno marcos e Mario Paz González. Ademais, o humor gráfico de Iacobus e unha entrevista feita ao sociólogo vilalbés Bernardo García Cendán, feita por Paulo Naseiro e Moncho Paz.
  6. Especial Setembro 2012, que conta con artigos de Agustín Fernández Paz, Tadashi Yamamoto, Daniel Basteiro e Tita Somoza, así como cunha entrevista ao músico Manu Chao, feita por Moncho Paz.
  7. Especial Nadal 2014, que conta cunha entrevista de Moncho Paz a Darío Villanueva, nomeado recentemente director da RAE, e artigos de Antón Baamonde, Helena Villar Janeiro, Xosé Manuel Pacho e Mario Paz González.

    6 de xul. de 2008

    0 comentários :

    Danos a túa opinión