Iago Castro
O logotipo escolleito para os Xogos Olímpicos de Londres provocou, en xeral, críticas acedas. É por iso que están a xurdir na Internet multitude de páxinas web propondo deseños alternativos. A sorpresa está na páxina Better2012logo, na que, de entre máis dun cento e medio de deseños, o favorito absoluto é... o Pelegrín. Si, aquel becho repelente que até tivo, como o indescriptíbel Naranjito unha década antes, a súa propia serie de debuxos animados. Lembran a música?
Pelegrín, pelegrín, pelegrín...
convídanos a ser os seus amigoooos...
Eu até tiven, confésoo, un becho de cerámica con tapón, cheo de oruxo. Perdino, afortunadamente, nunha das múltiplas mudanzas. Agardo que lle aproveitara a alguén.
É que, hai que foderse. Para ser un país normal hai que ter tamén mascota repugnante. E agora resulta que aos brittish lles gusta. Hai tempo que sospeitabamos dos ingleses e do seu mal gusto, pero agora as probas xa son abrumadoras: téñeno no cu.
Fraga debe estar revolvéndose na súa... perdón, aínda non. No Senado, quería dicir... Un lapsus linguae como outro calquera. Desculpe, Don Manuel, xa sei que vostede pertence á categoría dos inmorrentes, en palabras do vate Cabanillas. Como o Pelegrín. Tal cal.

0 comentários :
Danos a túa opinión