XII Festa do Lugnasad 2008

Redacción
Este venres 1 de agosto celébrase unha vez máis unha das festas máis orixinais dos últimos tempos, o festival Lugnasad que, coma cada ano desde 1996, organiza a asociación cultural Auruxeira, de Bretoña, en A Pastoriza (Lugo).

Na edición deste ano participan grupos de música tradicional tan coñecidos coma Os Minhotos (presentes xa en edicións anteriores), Trioliro de regueifeiros, Ophiusa ou os Ulträqäns.

Ademáis da música, poderemos asistir a orixinais ritos coma oas Vodas Celtas, oficiadas polo Druida que se coronarán cunha grande queimada para todos, aturuxos e bos desexos de amor e felicidade. Coma sempre, e coma vén sendo habitual en cada celebración que se precie, non vai faltar a boa comida e os beberaxes de todo tipo.

O Lugnasad era, ao parecer, a Asamblea do Deus Lugh (nada que ver co topónimo de orixe latino Lugo), unha celebración celta que tiña coma obxeto o garante da paz e o agradecemento á Nai Terra polo sustento que proporciona. Deste xeito marcábase tamén, o 1 de agosto, o comezo da colleita.

En realidade, a expresión "lugnasad" significa "lembranza de Lugh" e ía dirixido a esta divinidade celta e á súa ama de cría, a princesa Taïltiu, filla do rei Maigmor. Aínda que tamén se ten traducido como "matrimonio de Lugh" e, nese caso, Taïltiu, coma símbolo da "terra", sería a súa dona.

Auruxeira é unha asociación cultural que, segundo din eles mesmos, organiza todos os veráns unha festa propia, “facendo honra á historia castrexa do noso pobo”, pois “a mellor maneira de amosar gratitude á terra onde nacemos é destapando o seu preciado valor co maior respoeito, e sentirse fachendoso delo”.










Pica nas imaxes para ver o programa ou accede á web de Auruxeira: www.auruxeira.com



28 de xul. de 2008

0 comentários :

Danos a túa opinión