Festas patronais mediocres: vagancia ou medo á crítica

Martín Seco García

Dende hai bastante tempo, dende que as problemáticas da nosa vila me empurran -como a moitos outros- a participar na vida social e política deste pobo, pregúntome cal destes dous motivos é o desencadeante de que o Grupo de Goberno do Partido Popular non asuma a organización das festas patronais de San Ramón e Santa María, tendo en conta que hoxe en día a maioría da sociedade vilalbesa opina que os nosos gobernantes deberían de asumir este traballo, que os grupos da oposición presionamos dende hai tempo para que así sexa e ademais amosámonos dispostos a colaborar lealmente na organización destas e, sobre todo, que ollando as festas que se celebran en pobos veciños da nosa provincia como Viveiro ou Sarria, pobos cunha entidade igual ou incluso menor que a do noso Concello, son de moita máis calidade que as que se organizan na nosa vila e se fan promovidas polos seus respectivos gobernos locais.

En primeiro lugar, para que non se confunda o destino das miñas críticas, aínda que non estou dacordo co sistema de deixar esta importante celebración para un concello da entidade do noso, nas mans dunha “Comisión de Festas independente”, quero amosar o meu respecto para aqueles que se prestan a perder o seu tempo para adicalo aos demais sen ningún ánimo de lucro, por iso vaia o meu respecto para aqueles que forman parte da comisión de festas e que non teñen a culpa de quen agacha a súa ineptitude detráis deste sistema.

Todos coñecemos a falla de adicación que os “populares” poñen a gobernabilidade do noso Concello, con concelleiros pantasma que todavía non se lles coñece o mínimo traballo esixible á súa posición e outros cun traballo ínfimo e francamente mellorable para quen ostenta a responsabilidade de goberno. Pero este ano as cousas pintaban moi mal para este sistema de organización cobarde, posto que ata o mes de xuño non se sabía nada da organización das festas e algúns pensábamos que sería o momento de que o Partido Popular tivera que dar a cara ante os cidadáns. Pero as voces da rúa contan que se fixeron moitos movementos por parte dos secuaces do alcalde Criado para salvar a situación buscando unha comisión repleta de militantes e simpatizantes do seu partido ademáis de empregados da Casa Consistorial que foron convidados a participar por parte dos seus mandatarios. Con estes mimbres, e postos no mes de xuño, se olisqueaban unhas festas dun contido pobre, aínda que o concello con este “desgoberno”, tentase salvar a cara daqueles que lle fan o traballo sucio subindo a cuantía da aportación económica que fai a Administración local.

Pero ao final, o tempo pon a cada un no seu sitio e unha vez pasado o San Ramón deste ano, aínda que se manexou un dos orzamentos máis elevados da historia das festas, podemos observar como as críticas arrecian nas tertulias de veciños de Vilalba, que observamos como unha vez máis disfrutamos dunhas festas mediocres, fallas dunha boa programación tanto a nivel cultural como lúdico, e todo isto é lóxico, tendo en conta que segundo está concebida a organización, quedan a merced dun grupo nada heteroxéneo de persoas que cada ano desexen tomar as rendas desta celebración e baixo este sistema é normal que éstas non sexan nunca do agrado dun bó número de veciños, xa que sempre dependerán da idade dos seus membros e dos seus gustos musicais e culturais, xa que non existe “algo” que poña equidade tanto nos actos a realizar como na variedade destes para intentar contentar as inquietudes de todos os ámbitos da nosa sociedade.

Este “algo”, non pode ser máis que o noso Concello e os seus gobernantes que cada catro anos reciben o mandato dos seus veciños para que dirixan as cousas de todos, e non existe algo máis público e de todos que a celebración das festas patronais dun pobo, festas que implican a todo un Concello, cos seus barrios e parroquias. Por iso non pode ser que dende o Concello se escuden no medo a romper tradicións para esquecerse de facer un calendario acorde coas festas dun pobo de quince mil veciños, de ter unha programación adecuada o día da feira, de lembrarse dos fogos artificiais, de ter actuacións para todas as franxas de idade, de ter verbenas a fin de semana, de lembrarse de que a música folk forma parte da nosa cultura e identidade, de pensar que os cabezudos, nos que investiu unha cuantía importante, debense sacar a rúa nas festas, que un pobo ben iluminado é un pobo e festas, de que se debe contar máis coas asociacións existentes no Concello, que deben lembrar que existen bós músicos no conservatorio vilalbés, que se debe de facer máis énfase na cultura e artesanía, de que existen outras datas para celebrar a feira medieval, e que existen certos actos, como o certame literario e pregón que teñen que modernizarse, porque senon acabaran sendo un acto elitista para moi pouca xente, como pouco a pouco está a acontecer, ésto sen entrar a falar de que os actos públicos son actos de todos, independientemente das súas opcións políticas e non só de exaltación do Partido Popular e Don Manuel Fraga.

Despois destas reflexións sigo a preguntarme cal dos dous motivos expostos o principio é o que impide que os concelleiros do Partido Popular non organizen as festas da nosa vila ou cecáis sexan os dous ao mesmo tempo....
Imaxe: MXM

12 de set. de 2008

4 comentários :

  • A min as festas non me pareceron tan malas.Ë notorio que fixeron cousas novedosas como FIV, ou o luxo de ter por primeira vez en Vilalba unha actuación de excelente calidade como Raimundo Amador;para min estas duas cousas xa me compensaron as festas.
    Outra cousa é que os gustos en xeral da xente é que queiran Oquestras que non fan máis que patrañadas e non usan o directo que os que mentei sí usan.
    Tamén é evidente que tiñan un descontrol que despistaba á xente, a impericia da Comisión era evidente, a pesares de teren moitos deles experiencia de outros San Ramón e Sta. María.
    En canto ao control dos cartos para facer as festas, tamén penso que se deberia encargar a Area de Cultura do Concello de facelas.
    O xeito actual é anacrónico e son Presupostos tan elevados que non se deben deixar en maos de veciñ@s, por moi honrados que señan.
    A xestión de 140.000 euros debe ser controlada polo Concello e facer público o seu uso.

    13 de setembro de 2008, 12:26

  • Poida que non foran as festas das grandes verbenas nin das orquestas de renome, pero si foron as festas que intentaron abarcar mas franxas de idades e distintos gustos..unhas boas festas non son solo gaitas,Panorama e Paris de Noya.Parece que a innovación sólo é ben acollida en determinados casos.Doulle a razón o señor Martín en que as festas non son para exaltar o Partido Popular pero tampouco para facer delas unha un paseo pola cultura galega.

    13 de setembro de 2008, 14:17

  • Xénero típicamente vilalbés, o de criticalas festas. Sen embargo, o autor do artigo non anda falto de razón.

    14 de setembro de 2008, 17:15

  • Home anónimo ninguén falou de facer das festas un paseo pola cultura galega; xa que o comentas digo eu que esta debe estar presente inda que non seña máis que por ser de onde somos.E tampouco se trata de que o mellor está fora, pois temos moito e bo que presentar, tí mesmo xa desbotas as Orquestras e por outra banda eu non escoitei tanta gaita, postos ás facer con actuacións Galegas, serían sen dúbida mellores que as que vimos.Hai moito e bo en Galicia.Repito, có FIV e Raimundo Amador me dou por satisfeito.E as festas son de todos non só do PP, inda que iso ten que ser a xente quen o teña que ver así, non só quen aquí escribimos.

    15 de setembro de 2008, 11:13

Danos a túa opinión