Antón Gayoso “Chafarote”
Dende xaneiro de 1987, con aquel disco en directo titulado ¡Esto fue todo!, a banda Glutamato Ye-Yé non voltara a subirse a un escenario, agás hai un par de meses nun local de Madrid. Hai que dicir que en Vilalba sempre houbo unha grande devoción por este grupo; de feito adicáronselle dous concertos homenaxe da man de Xutil con Postergel, acompañados das voces de Pepe Mato e Chafarote, o mesmo que escribe estas liñas.
Logo de contactar con eles e enviarlles fotos de tales eventos, os membros de Glutamato puideron comprobar que era certo que contaban cunha auténtica lexión de seguidores neste pobo. E a noite do pasado venres 5 de setembro reapareceron na Praza da Constitución de Vilalba, cunha forza increíble e teloneados polos vilalbeses Postergel.
A unha en punto de madrugada Iñaki Fernández fai acto de presenza no escenario, con media melena e ataviado con traxe escuro, garabata a raias e acompañado de Patacho á guitarra, ao baixo Fino dos Enemigos, e á batería Charly dos Elegantes. Comezan o concerto entrelazando unha canción tras outra, e cunha complicidade co público que sorprendeu a máis de un. A xente que asistiu ao concerto entregouse incondicionalmente e non deixou de corear os temas, de saltar e erguer os brazos, de aplaudir continuamente.
Os Glutamatos sentíronse totalmente arroupados polo público, que vibraba con cancións como “Guapamente”, “Cuando los chicos están bien” e “Vamos pa'yá...”, ou tamén se relaxaban con temas emblemáticos coma o “Desertor” ou “Nacido en USA”. Porén, o momento máis emocionante foi cando Iñaki chamou ao seu colega Chafarote para que subira a cantar con el “Hey tío...”, considerado todo un himno. Iso xa foi o éxtase total, e a praza volcouse con eles. Durante as máis de dúas horas que durou este concerto, a banda rematou –como non podía ser doutro xeito– con “Todos los negritos...” e algúns espertamos dun soño feito realidade. Grazas, Glutamato Ye-Yé, por facernos felices.

Said
Coido que o que vin e escoitei non foi para tanto.Pode que o meu gusto musical e estético seña o que faga que así o pense.
Gocei máis de Postergei.Polo demáis estivo ben.