López Castelo Campión Galego de Tae Kwon-do


Redacción

O deportista chairego da Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan, de Vilalba, Michael José López Castelo ven de proclamarse campión galego cadete na modalidad de combate.

O campionato celebrouse o pasado sábado, día 27 de setembro, na localidade coruñesa de Noia e foi organizado pola Federación Galega da especialidade.

Michael disputou o seu primeiro combate co representante do ximnasio Kiap de Cangas facéndose coa victoria, tendo uns parciais nos asaltos de 0-0 , 2-4 y 2-5.

Logo combatiu co representante do ximnasio Patiño de Moaña, obtendo esta vez un resultado por asaltos de 0-2, 2-3 e 2-5, victoria esta que lle posibilitou acceder directamente á final frente ao finalista do combate entre os representantes dos Ximnasios Ventorrillo e Patiño, sendo gañador o deste último. López Castelo, sen embargo, logrou vencer a un deportista como este, de grande potencial físico. No primeiro asalto Michael perdía por 3-2, acadando logo o empate no segundo cun 3-3. No terceiro asalto mantívose a mesma puntuación de 3-3, o que obrigou a que tiveran que ir ao punto de ouro.

A obtención da victoria posibilitará, probablemente, a oportunidade a López Castelo de participar no Campionato de España na categoría de Cadete que se celebrará en Alicante o vindeiro mes de Novembro.
Imprimir

3 de out. de 2008

0 comentários :

Danos a túa opinión