Redacción.- Mañá sábado terá lugar en Mondoñedo un evento TEDx, organizado por Felipe Debasa Navalpotro, profesor da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid (URJC), e por José Ramón Saura, Coordinador Académico do Observatorio de Novas Ciencias Sociais e Tecnoloxías do Coñecemento Transversal do século XXI. O tema central destas charlas é a resiliencia, a capacidade de superar positivamente as circunstancias adversas para ser mellor que antes. "Ás veces dá un paso atrás, para dar dous adiante", comentan os organizadores, pois "nunha sociedade libre, todos podemos esculpir o noso propio futuro sabendo a xestión das ferramentas correctas". En opinión de Felipe Debasa, “o mundo está mudando a unha velocidade de vértigo. A evolución é imparable. Fronte a esta situación perturbadora, os humanos teremos que mellorar a capacidade de adaptarnos a situacións descoñecidas e probablemente adversas”.
O evento contará cun amplo elenco de relatores, os speakers do universo TED. A presentación será ás 17 horas no Auditorio de Mondoñedo, con dous bloques perfectamente definidos. No primeiro intervirán Francisco Cal Pardo, José Luis Cordeiro, Antonio Liu Jian, Lisa Wang, Arturo de las Heras, Juanjo López, Fer Enis, Julieta Vargas e Carmelo Mercado, rematando coa actuación do contacontos Ton. Tras un breve descanso, o segundo bloque dará comezo ás 19 horas, coas intervencións de José Antonio Álvarez, Alejandro San Nicolás, Moncho Paz, Gonzalo Martín, Ana Lorenzo, Luis Miguel Belda, Joaquín Danvila, Andrés Grases e Miguel Pampín. A actuación final será a cargo do mago Queiman.
A resiliencia é a capacidade de superar positivamente as circunstancias adversas para ser mellor que antes. "Ás veces hai que dar un paso atrás, para dar dous adiante, pois nunha sociedade libre todos podemos esculpir o noso propio futuro”, indican os organizadores, que agardan que a celebración deste evento TEDx en Mondoñedo sexa todo un éxito. "E por iso que queremos escoitar as ideas dos que xa consideraron como adaptarse a cambios perturbadores", conclué Felipe Debasa.
TED é unha organización sen ánimo de lucro que xurdiu como unha conferencia de catro días en California hai 30 anos. Posteriormente, TED desenvolveuse para apoiar a súa misión con múltiples iniciativas. As dúas conferencias anuais de TED convidan aos principais pensadores e actores de todo o mundo a falar durante dezaoito minutos. Moitas destas conversas están dispoñibles gratuitamente en TED.com. Os relatores de TED inclúen a Bill Gates, Jane Goodall, Elizabeth Gilbert, Richard Branson, Nandan Nilekani, Philippe Starck, Ngozi Okonjo-Iweala, Sal Khan e Daniel Kahneman. Ademáis de TEDx Mondoñedo, mañá sábado celebraranse outros 34 eventos TEDx en todo o mundo. Máis información en www.tedxmondonedo.com
Said
Gran trabajo del equipo!
Felicidades, ha sido un placer aprender, compartir y
Entender tanto!
Said
Gran trabajo del equipo!
Felicidades, ha sido un placer aprender, compartir y
Entender tanto!