Vídeo do 25º aniversario de A Voz de Vilalba


Redacción

Na edición de peche de hoxe, coincidindo coa visita número 15.000 á nosa web, os editores deste xornal dixital decidiron dar a coñecer ao público os seus primeiros vídeos promocionais, co gallo do 25 aniversario de A Voz de Vilalba. O primeiro deles é unha viaxe polo tempo, dende aquel lonxano 29 de xuño de 1983, data da fundación da publicación. Lembramos así algúns dos intres máis destacados, con entrevistas a persoeiros ilustres e co noso especial sentido do humor.

Un cuarto de século despóis conservamos as mesmas ganas de rir, o mesmo espírito inquedo e libre, e seguimos apostando por unha prensa de tendencias, moderna e plural, como resposta a un exceso de intervencionismo dos poderes político e económico nos medios de comunicación. Porque a aldea global que vaticinou MacLuhan -a rede de redes- o fai posible. E porque non renunciamos aos nosos principios de informar e opinar; tampouco á nosa defensa a ultranza da liberdade de expresión.

3 de out. de 2008

1 comentários :

Danos a túa opinión