Xulio Xiz
Observo que en Vilalba se volve falar dos nomes das rúas, dos novos nomes das rúas que substitúan a outros que non son do gosto xeral por homenaxear a determinadas persoas ou conceptos que teñen os seus defensores e detractores.
Estamos na segunda volta deste tema. A primeira comezou hai moito tempo, a partir de 1975, coa chegada da democracia, e daquela os concellos atopáronse cun aluvión de peticións de urxencia para cambiar nomes herdados do franquismo, que a toda présa se quería esquecer.
Os nomes máis urxentes en moitos concellos – que noutros quedaron para bastante despois- eran os que lembraban ó Xeneralísimo Franco, a José Antonio Primo de Rivera, o Xeneral Sanjurjo e outros así, que eran substituidos por outros contrapostos nos concellos onde as esquerdas triunfaran amplamente, e nos demais por outros menos comprometidos como Galicia, Castelalo, Curros, Rosalía de Castro, e mesmo Constitución Española, tendo no socorrido “Praza Maior” a solución para a máis importante de cada poboación.
Esto, se non ocorría como na Pobra do Burón, no concello de Fonsagrada, onde un veciño pola súa conta hai arredor de tres décadas rotulou as rúas do pobo case totalmente abandoado cos nomes de Lenin, Marx, Trotsky ou Bakunin.
O dos nomes, para min que os habitantes de cada rúa tómanos como unha simple referencia. E os cambios son difíciles de asumir en algúns casos. Eu vivín dezasete anos na Porta de Cima, chamada nas cartas “Calle del General Mola”, pero todos sabíamos que non se chamaba así aínda que o puxeran nas placas. Eu de pequeño, loxicamente, non sabía quen fóra o Xeneral Mola nin me importaba. Podería ter sido un aliado de Indibil e Mandonio, loitador contra Napoleón ou libertador dalgunha nación sudamericana. O que menos imaxinaba eu era que se trataba do home que pensou e dirixiu o golpe de estado do dezaoito de xullo de 1936, ó que en Vilalba premiaron coa miña rúa.
Hai ben anos que en Vilalba desapareceron os nomes de Franco, Sanjurjo ou Mola. Bastante tempo estiveron colgadas nas paredes placas que son historia, e que habería que gardalas para lembranza permanente.
O que ten que valer é este exemplo de caducidade do nome das rúas para que os que decidan novos nomes adopten denominacións que non molesten a ninguén, senón todo o contrario. Nomes en alza, pola súa valía, polas súas obras, polo seu prestixio para que dentro dun determinado número de anos non haxa que volver a rebautizar o que non quedou ben bautizado.
Que, ademáis, leva tempo adaptarse ós novos nomes. A min, por exemplo, en Lugo, cóstame traballo recordar que a rúa General Franco se chama agora Rúa do Teatro, sobre todo tendo en conta que o teatro –Gran Teatro- desapareceu; que General Mola é Castelao; que Carrero Blanco se chama agora As Fontiñas ou que o 18 de Xulio é agora Camiño Real. Visto está que o que ben se nos fixa no cerebro queda gravado como con lume e de cando en cando asoma de novo.
Neste caso, eu confío que a cousa acabe ben e que todos xuntos –PP, PSOE e Bng – acorden nomes xeitosos para as rúas que se cambien. Que eu non sei quen foron Nevado Bouza ou González Valdesuso, pero está moi recente o exemplo da cidade de Lugo que querían quitarlle a rúa a don Armando Durán, un dos mellores matemáticos que tivo España e naceu nesta cidade. Ou sexa, que documentarse ben sobre os que van quitarse e sobre os que van poñer, tempo para adaptarse, e que duren. Que a memoria da xente que merece unha rúa, ben merecida, non caduca tan axiña.

Said
Dende logo que me gustaba máis o nome de Xeneral Mola que Rouco Varela, como se lle puxo a outra. Eu a da Pravia sígolle a chamar General Franco, a dos Pepes General Sanjurjo. Xulio non te extranes, que fai moitos anos que abanonache Vilalba. Só te lembras que eres de aquí polas datas de San Ramón para ofrecer un turbio espectáculo na parafernalia que se representa un ano si e outro tamén alí no Auditorio
Said
Anónimo di que lle segue a chamar ás ruas coas denominacións de orixe franquista.Eis como inda hai quen pensa que con Franco estabamos millor.O que pasa e que nin por parte de Xulio Xiz nin de anonimo, non hai vontade de cambiarlles a denominación mental.Eu teño a idade de Xulio Xiz e non me veñen á mente os nomes anteriores das rúas.
O que naide dí é que en Vilalba hai unha rúa en Valenciá dende tempos Fraguistas e ninguén protesta.Será que foi inaugurada na era Fraga, e concordan todos xuntos que está ben que tiveramos unha rua en Valenciá antes que no idoma noso.Cousas veredes.....
Said
Tal vez no tenga cabida ni comentario en este foro. Algunos me llamarán trasnochado, gilipollas e imbécil. Tal vez no me lo publiquen. Pero me gustaría que respetasen la libertad de expresión, al igual que yo les respeto y les leo muchas veces, ya que hacen cosas con mucho tino en bien del pueblo que me vio nacer, pero como todda obra humana contiene algunos errores.
En este momento histórico mencionar al general Mola no tiene mucho sentido. Es desconocido por la mayor parte de la gente y casi todos los villalbeses. Pienso, que independientemente de lo que piense cada cual, debe tratar de olvidarse el pasado con si fulanito o menganito tiene una calle o deja de tenerla. Es historia y ahí está. Si cambiamos los nombres de nuestro callejero estaremos dando la razón a la sinrazón y al resentimiento, a parte de provocar la confusión y desazón de muchos ciudadanos. Olvidemos de una vez si una calle se llama de una forma u otra. Vivamos el presente y olvidémonos de que cualquier tiempo pasado fue peor. Vivamos en nuestro tiempo, en compartimentos estancos como decía el gran Dayle Carnegie. Respetemos la historia, respetemos desde el general Mola hasta Castelao pasando por otros muchos representantes de tiempos pretéritos que nos han dejado un entrañabale legado.
Sin otro particular. Desde Madrid. Un madrileño oriundo de la Tierra Chá.
JORGE ESPARZA CARRACEDO.
Said
Sí Jorge sí, e poñemoslle ás novas Vías Rúa de Hitler, Mussolini,Juan Carlos, ou Bush.
Non che parece que con eses nomes estariamos coas lembranzas e coa modernidade............qué modernidade?
Seguramente non tes na familia a nigún fuxido ou fusilado.
Tí lembrate do que queiras, eres libre pero permiteme que eu tamén pense na outra Liberdade.