Redacción
O vindeiro sábado 27 de decembro terá lugar en Vilalba un concerto homenaxe á década dos oitenta. A partires das 23:30 horas da noite e no Pub Fardela daránse cita os máis novos representantes da movida musical chairega, que compartiran repertorio con vellas glorias daquela época.
A iniciativa é do Club de Fans Os Glutamateiros de Vilalba e a festa, polo que din as malas linguas, está garantida. Non perdan detalle e achéguense esa noite pola Praza de Santa María, previa paso por A Lareira de Pilar Maseda. Recomendable para a saude.
Said
Este CONCIERTO, que pasa con el?
Celébrase en Alcaá de Henares?
Said
A través do voso medio de comunicación, gustariame contactar cos alumnos de COU, promoción 1982-83, colleita máis ou menos dos anos 63, 64 e 65. Eu son diste último.
Eu vivo en Madrid. Poderíasme indicar como podo facer?. Non quero dar direccións nin móviles por canto poidan xenerar cousas desagradables para min.
Un Saúdo. Un cuarentón emigrante.