Moncho Paz
Nos últimos meses non deixamos de ler ou escoitar a cotío a expresión “países emerxentes”, coa que os analistas se refiren ás potencias que van acadando cada vez máis peso na balanza económica internacional (China, India, Brasil, Angola, Libia, Marrocos…). Pero esta crise, que semella vir por capítulos, chega agora a estes países; de feito, en algúns estanse a reducir as taxas de crecemento.
Os países emerxentes –motor alternativo á locomotora estadounidense– representan unha boa oportunidade para as organizacións que desexen diversificar o seu negocio. A crecente actividade das súas economías compensa as consecuencias da caída dos investimentos en Occidente, onde da a sensación que os gobernos queren resucitar a Keynes con programas fiscais de medio prazo.
O deterioro da confianza no sistema financeiro mundial provocou unha crise de liquidez totalmente diferente das anteriores. O ano 2009 debería ser, xa que logo, o da recuperación da confianza.
______________________________________
Artigo publicado en Xornal de Galicia e xornal.com
0 comentários :
Danos a túa opinión