Dous anónimos (que ao mellor é un, ou ninguén)



Xulio Xiz

Quen escribe ten que saber recibir opinións contrarias, e eu teño por norma vital situarme no lugar do que está enfronte intentando coñecer a súa verdade. E respecto sempre a palabra de quen ten a valentía de asinar co seu nome.

Sorprendéronme en A voz de Vilalba dous anónimos , que polo estilo pode ser un só, ou ninguén. E aínda que, por principio, o anónimo é lixo, refugallo, covarde autómata que tira a pedra e esconde a man, indocumentado que non ten nin nome, neste caso meréceme a esmola da palabra provocada e provocadora por ver se da a cara e se convirte en persoa.

Que saberás ti, indocumentado histórico da miña Vilalba escura e miserenta?. Que saberás ti da Vilalba dos pobres e dos “ninguén” dos anos sesenta?. Sei máis da Vilalba popular daqueles tempos do que nunca poderás imaxinar, unha Vilalba mil mundos máis abaixo da Vilalba que ti pareces querer reivindicar. Pero, con todo, érache unha Vilalba ben fermosa na que eu aprendín a ver, a escoitar, a escribir e a vivir. Aquela Vilalba fíxome así. Non debía ser tan mala cando a Vilalba de agora fai cousas coma ti.

Se soubera o teu nome, mediríame máis nas palabras porque unha persoa merece un respecto. Ó ser anónimo non eres persoa, non eres ninguén; non teño que medirme porque non eres nada.

Se queres falamos. Os responsables de A Voz de Vilalba poden darche o meu enderezo, o meu móvil e –sobre todo- espazo para decir o que queiras co nome por diante.

8 de xan. de 2009

9 comentários :

  • O importante son as ideas.
    Se non queredes anónimos non deixedes opción.
    Xulio, falta de respecto a todos os lectores, que por suposto somos anónimos (faltaria mais).

    8 de xaneiro de 2009, 13:43

  • Xulio: Alguén que dí ser xornalista e traballar nun medio de comunicación non pode ofenderse porque se lle critiquen aspectos profesionais, que nunca persoais. Fun eu o autor do primeiro e do terceiro, o segundo non sei quen é Fendetestas, pero recoñezo que me gustou moito.
    Tampouco se pode, non digo debería porque iso é cuestión persoal de cada quen, abusar da arrogancia, dicindo que "eu sei máis ca ti, ou deixo de saber". Paréceme moi ben que loubes a Vilalba dos anos sesenta, na que ti te criache e tamén os meus devanceiros. Lamento que fose un pobo sen liberdades, acosada por un alcalde sen escrúpulos cos máis humildes, Filiberto Álvarez Marín, que para colmo era vallisoletano.
    Non me importa que me acuses de cobarde, non sei se a Fendetestas si. Por razóns profesionais estou acostumado a que mo chamen todos os días polo meu traballo como médico no servizo de urxencias dun hospital das Rías Baixas. Alí si me considero un cobarde, xa que os meus pacientes danme leccións de valentía todos os días.
    Pareceme triste o uso da arrogancia e prepotencia. Teño a sorte de coñecer a moitos xornalistas, grandes amigos meus e aos que trato a diario, entre eles a un vilalbés, que é un profesional de recoñecido prestixio que se caracteriza pola súa humildade, a pesar de haber publicado varios títulos de prestixio e traballar en grandes medios de comunicación.
    Independentemente de todo iso, podo dicirche que son de Goiriz, fermosa parroquia e que teño 37 anos. Non me gusta dar móviles nen enderezos, xa que me debo unicamente aos meus pacientes. Deséxoche que nunca sexas un deles nin de ningún outro médico. Agora ben, como lector teño dereito a opinar. Tan só che dixen o que me parecían certos aspectos teus, a nivel profesional, nunca humano nin persoal, xa que non vai conmigo. Insisto en que pintas a Vilalba ancestral, que eu xa non vivín, pero que ti recreas a cotío falando como fai cen anos da feira dos capóns, das festas de San Ramón, e doutros asuntos que comezan a cheirar ao pasado máis turbio de Vilalba e os vilalbeses. ¿A Vilalba que eu reveindico?. Pois esa que moitos coñecemos aínda que estémos lonxe dela. Admiro a Iago Castro pola crítica constructiva que fai de Rouco Varela e máis aínda a Xan do Muíño, lector, pola sorna que lle vota a moitas cousas. Gústame tamén García Cendán, porque parece ser que é o único que se lembra dos aspectos sociais de Vilalba e de que o IESCHA non lle dén subvencións. ¿Qué che parece?. A min, persoalmente, mal moi mal. Quero esa Vilalba da que tiven que marchar porque non temos un centro de especialidades médicas, aínda que fai case dez anos nos "obsequiasen" cun monumental ambulatorio no que traballan profesionais moi cualificados, pero que, desgraciadamente carecen de medios para desenvolver as súas labores de xeito máis satisfactorio. Nunca comprendín o porqué non se facían máis cousas nese ambulatorio, algo do que nunca falache.
    Podes escribir o que che de en gaña, pareceme ben, pero, eu, no teu caso, disculparíame, e non por mín, neste artigo, senón polos lectores. Dígoche o que faría eu.
    Non fun o único que che criticou os a artigos e non a tí. Pero, poido dicirte que tan só te lembro polas presentacións que ves facendo no mal chamado "certame literario" de Vilalba, previo ás festas de San Ramón. Penso que estes aspectos deberían estar en mans de entidades culturais, coma poidera ser o IESCHA ou Xermolos, que son os verdadeiros promotores da nosa cultura. Admiro a Vilalba dos Manolo e Paco Roca, Chema Felpeto, Novo Cazón e tantos outros aos que se con ánimo inxurioso se lles chama "bloqueiros", e con perdón para eles polo respecto que sinto

    8 de xaneiro de 2009, 15:53

  • Por razóns de espazo, e sen ánimo de faltarlle a ninguén quixera proseguir coa resposta a Xulio Xiz.
    E verdade que non vivín a Vilalba dos sesenta, pero vivín a dos oitenta até agora. Todos me dín que é mellor a que temos, a pesar de que aínda teñamos que soportar a ministros "ilegais" de antigas dictaduras. Insisto en que vivir Vilalba non significa ir ao Muíño do Rañego, precioso escenario, e moitas cousas máis. Falache de terrorismo. Afortuandamente, os nosos conveciños son moito máis civilizados do que pensas. Internet chega a moitos sitios e que dirán cando vexan ese artigo. Lembro que alguén che contestou argumentando moi acertadamente "cuestións sociais". Así debe ser, cando él o dí. Tampouco falas nunca desa Vilalba rural que aínda segue a sufrir a marxinación polo único feito de ser rural. Non quero seguir, por respecto aos lectores e tamén a xente que fai este magnífico medio que "A Voz de Vilalba", incluíndote a ti tamén, Xulio. Recibe o meu máis cordial e agarimoso saúdo. Lembra que as críticas dos lectores non se dirixen hacia a persoa, senón a súa obra. Como médico, bastante malo, por certo estou acostumado a elas, pero coido que grazas ás mesmas bou mellorando cada día e cada vez teño máis amigos entre os meus entrañabeis e queridos doentes, aos que lle sempre desexo que non teñan que pasar polo centro sanitario. Gústame máis velos tomando un café ou unha sidra, non lles aconsello o alcohol.

    Manuel de Goiriz. autor dos dous últimos comentarios.

    8 de xaneiro de 2009, 16:01

  • Apreciado Xulio: É de mal gusto contestar así nun xornal. Débese respectar, che guste ou non, o xuízo dos lectores. Se non fora por eles non existirían os xornais e se cadra ou non terías traballo ou terías que ir alindar as vacas, un digno oficio que tiveron que facer moitos da túa xeneración que non lles deron as oportunidades que ti e máis eu tivemos.

    Xan do Muíño

    8 de xaneiro de 2009, 18:14

  • ¿Quén é o maleducado?. Señor Xiz os que vagamos por internet vemos moitas cousas todolos días...Poden ser ácidos con Vostede, pero vostede desafía. Eso non está ben. Xa vín que lle respostou un rapaz que é médico e deu a cara valentemente. Agora debería pedirlle disculpas a través de Internet. Tamén vexo que o "Xan do Muíño" e máis unha terceira persoa lle contestou ó seu artículo, os dous de xeito moi respectuoso e acertado. A todos eles tomareinos como referencia cando decida escribir nun xornal. Vostede Señor Xiz, definitivamente, decepcionoume.

    HIPERANÓNIMO.

    8 de xaneiro de 2009, 19:02

  • Parece que chego a tempo de escribir, pero despois de leer as respostas a Xulio coido que non podo abondar moito máis.
    Xulio, dende logo non pensei que ías contestar, e menos nos termos en que o fas, coido que te rebaixa no ranking de vilalbeses de sona.
    Non quero decir quen son por pura cuestión de "precaución", e é así porque neste povo hai moita, tal vez demasiada precaución, porque todos sabemos, (e a quen non o sepa que tome nota), que hai moita mala leite por parte da maioría política e empresarial, incluidas amenazas de non ter traballo na vila, cuestión esta que non sei si a sabes, pero que existe até o día de hoxe.
    Podoche contar que son o segundo Anónimo e que resido no concello de Vilalba, que coñezo tan ben como tí, ou máis, a Vilalba dos sesenta e posteriores e a súa conformación até a actúal vila.
    Non son persoa de revanchismos nin de enfrentamentos esteriles para min.Simplesmente trato de opinar sobre textos neste blog, claro que a miña non é a opinión maioritaria nin moito menos,(tampouco a verdadeira), xa que son crítico e sono porque Vilalba me fai ser así, non me gusta a Vilalba sometida, favoritista, subdesenrolada para os tempos que estamos e que polo que poido leer, vai a seguir estática, e non por culpa dos Vilalbeses, senón por aqueles que detentan o PODER, e son estes últimos,(podedes poñerlle os lectores nomes), os que eu considero menos vilalbeses, xa que ostentando cargos resolutorios non fixeron máis que aproveitarse para sí mesmos.
    Está ben o do Capón, o Roscón, o Queixo de San Simón da Costa e moitas cousas máis que todos coñecedes si paseastedes o Concello.
    Tí querido Xulio, non fas máis que aumentar a resonancia de quen non fai nada por Vilalba,os que mandan, e o digo con todo o cariño que queiras, son dos que creemos que Vilalba pode e debe ser algo máis que un cruce de camiños, que o único que fan é levarnos cara a busqueda dunha vida millor,(emigrar).
    No teu caso saeuche ben pois estás perto e conseguiches chegar a algo, á maioría foilles peor.
    E remato que me teño que ir, pero non por crítico vou deixarche de desexar para tí e os teus un bon Ano 2009, que faigo extensible a quen lea estas letras.

    FENDETESTAS.

    8 de xaneiro de 2009, 21:29

  • Quen sementa ventos xa se sabe que recolle tempestades. Cando se vai de julai pasa o que pasa xulio... Un lector ten dereitos e deberes, pero pasáchete 10.000 pobos arremetendo contra a xente que te lee. A PARTIRES DE AGORA NON VOLTAREI A LEER UN SÓ ARTIGO TEU. É A MIÑA RESPOSTA O TEU DERRADEITRO ESCRITO.

    9 de xaneiro de 2009, 11:14

  • Alguen que presume de ser redactor de prensa, que traballou na emisora eclesiástica e tamén na radio de Galicia, a que pagamos todos os galegos, debería ter algo máis de cordura literaria. Os lectores somos anónimos ou asinamos con seudónimo. Dí Xan de Muíño, que me gustaría saber quén é para darlle unha aperta e tomar un viño, que é de mal gusto este artigo. Comparto a túa opinón Querido Xan. Este señor Xiz debería pedirlle disculpas non só ao médico de Goiriz senón ao resto dos lectores.

    Sds dende Guadalupe, Sancobade.

    9 de xaneiro de 2009, 19:44

  • Se non fose porque me contaron o que escribira un tal Xulio Xiz, nin o sabía. Aínda que dende terras de Compostela son un habitual da "Voz de Vilalba", non suelo ler o que escribe este home, entre outras cousas porque se publican artigos máis interesantes. Dende logo, xa non se pode caer máis baixo. Chamarlle lixo e refugallo o auditorio é coma querer pechar ás páxinas deste periódico, aínda que sexa dixital. Penso tamén que os lectores da "Voz" teñen moita máis categoría que un señor que vive perennemente nos sesenta, xa que a Vilalba que coñece. Coa súa opinión, non fai máis que relembrar os tempos nos que actuaban os coros de "Educación y Descanso". Penso que xa dixen todo.

    12 de xaneiro de 2009, 18:46

Danos a túa opinión