Redacción
O I Congreso Internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, que se celebrará no Pazo de Congresos e Exposicións de Compostela entre o 21 e o 24 de xaneiro, pretende xerar un debate que se enmarca dentro dun ámbito de reflexión teórico máis amplo, o da cultura e o desenvolvemento.
Neste marco, presentaránse máis de vinte experiencias do eido cultural que constitúen referentes a nivel mundial. Todas elas estarán distribuídas en catro sesións e unha mesa redonda. Para facilitar as exposicións e fomentar mesas de debate enriquecedoras, as distintas experiencias presentes no Congreso articuláronse mediante unha metáfora computacional en que se reflicten todos os aspectos que entran en xogo hoxe en día na concepción, deseño e xestión dos equipamentos culturais: SOFT (ideas e proxectos), HARD (arquitectura para a cultura), ORG (organización do traballo) e NET (redes de cooperación).
Ademais, está prevista unha mesa redonda con diversas experiencias arredor do Eixo Atlántico. A Voz de Vilalba, medio de comunicación acreditado neste Congreso, dará cumprida información nos vindeiros días sobre as principais intervencións e conclusións deste evento cultural. Para coñecer máis detalles sobre o mesmo pódese visitar a páxina http://www.lugaresdecultura.org/
0 comentários :
Danos a túa opinión