Parecería unha cousa de sécalos pasados vir agora falar de Kant, pero un non deixa de sorprenderse de algo, que, por outra banda, nunca deixou de ser o habitual, esa enfermidade crónica dos artistas de sentirse un pouco parvos, de ter que axudarse doutros ilustrados larafetas, coma se as imaxes, aínda producíndoas eles, os superasen intelectualmente.
Os artistas fixeron unha lamentable renuncia dos seus dereitos á xestión material e simbólica da súa actividade ante a que acudiu un variado e difuso corpo de profesionais cuxo nome máis axustado acaba por ser o de “os comisarios”.
De feito toda a sociedade ten delegado neles a lexitimación das artes do presente, en boa medida porque esa arte tráelle sen coidado. O certo é que ninguén se lembra dos comisarios de hai corenta anos como ninguén se lembra dos editores que o foron de Lorca ou de Machado, ou do conselleiro ou o concelleiro de antonte; pero sen dúbida aglutinaban –e aglutinan os de hoxe– poder.
Sen dúbida os artistas deben retomar as rendas da arte, ser os protagonistas desta merenda de negros onde o "todo vale" só beneficiou aos máis lagarteiros, intermediarios ou xestores do desconcerto ou da ansiedade.
Nin sequera actúan xa os críticos, nin os profesores que aportaban doses de interpretación ou conexións culturais, a novidade é esa proclama dos novos xestores que, nun alarde analfabeto, veñen constatar outra cousa que, de feito, é certa tamén, que a arte contemporánea non necesita hermenéutica e que, probablemente, nin sequera merézaa.
A crítica sobra porque hai anos que non critica senón que asente, corrobora o que se dá. Lonxe quedan as consideracións de Baudelaire sobre esa actividade xa que esta é, desde hai moito, unha literatura pequerrecha que ninguén le.
Os novos xestores da cultura non son intelectuais nin necesidade teñen dilo, basta con ser capaz de alumar declaracións barbáricas como que o museo que eles perpetran é o que “mellor cae” (sic) de todos, coma se aquel que se para a pensar quen lle cae ben e mal non é senón un pobre diaño, ademais dun langrán absoluto.
Non me sorprende o que me din agora os artistas asociados, que necesitan ser comisariados, ser pastoreados. É demasiado querer asumir a maioría de idade nesta indixencia. Terían que cambiar todos os artistas, reeducarse máis aló do vasalaxe.
Imaxinemos que a asociación de directores de museos pedise o asesoramento dalgúns artistas por non saber eles nin papa das imaxes e os seus traballos, porque, a final de contas, nunca colleron un pincel e ata as fotos familiares coa cámara dixital sáenlles de pena. Moitos deles non pasarían nin un exame da ESO na materia, pero bo.

0 comentários :
Danos a túa opinión