Iago. D. Castro
Un amábel lector d´A Voz de Vilalba remíteme esta fotografía tomada o pasado mércores a carón do Centro Social de Vilalba. Acompáñaa esta explicación: "Este, se non estou equivocado, é un dos automóbiles que o Concello mercou hai pouco tempo para uso e disfrute do señor alcalde e máis do concelleiro con adicación exclusiva. É habitual velos estacionados en calquera sitio, pero isto, que non é a primeira vez que pasa, é demasiado."
O noso lector, aqueixado segundo comenta dunha discapacidade, aínda que non conduce nin ten coche, cre que é unha boa mostra da nula importancia que se lle dá no noso pobo á integración das persoas como el. É verdade que as barreiras de todo tipo que hai en Vilalba dificultan enormemente a mobilidade non só aos discapacitados, senón tamén ás nais con carriños ou aos maiores con dificultades físicas.
Pero eu creo que a cuestión vai máis alá. Que unha autoridade pública encargada de cumprir e facer cumprir as leis use un lugar reservado para persoas con discapacidade é unha total falta de respecto, unha burla e un desprezo polas máis elementais normas de urbanidade. Lembra, se acaso, ao dereito de pernada dos señores feudais, ao "ordeno y mando" de épocas non tan lonxanas. Que esteamos afeitos non quere dicir que debamos tolerar estas condutas.
Sería desexábel, cando menos, que algunhas persoas públicas traten, como mínimo, de gardar as formas. E tamén que máis cidadáns, os que na súa inmensa maioría abominan de certas atitudes, máis alá da súa maneira de pensar, denuncien estes comportamentos.

iago.d.castro[arroba]hotmail.com
Said
ESTADES ERRADOS, ESTE COCHE NON É DO ALCALDE. SEGURO CEN POR CEN.
Said
Amigo pareces moi seguro, pero mira, para o caso, coma se fora. E direiche por que: os coches que utiliza o noso ínclito alcalde, incluído o propio, campan ás súas anchas onde lle peta, a calquera hora do día e da noite, ante a tolerancia e/ou indiferenza dos súbditos axentes, que non ousan deixarlle o papeliño. Iso si, o resto dos contribuíntes non gozamos desas prebendas. Teño probas. E, por enriba, se ousas comentarlle algo ao mandatario espétache, ao igual ca cando entras no seu despacho e, violando a lei, prende o cigarro: “Para algo son o alcalde”.
Quosque tandem?
Chema
Said
Ao anónimo do comentario #1: Por que estás tan seguro? Acaso é teu?
Aínda que parece que borraron a matrícula, que aclararía calquera dúbida, é un Fiat Sedici igualiño aos que acaba de mercar o concello, aparcado a cen metros da casa do ídem e en prohibido... como dixo o outro, se é blanco e en botella...
Said
Non penso eu que lles falte razón aos que dín que é o coche do Alcalde.Eu tamén son testigo de velo mal aparacado en outros sitios, e xustiño ó lado do Concello en dirección prohibida, máis en concreto onde aparca a Policia Local.
Así chegamos a deducir que aparca onde lle peta, ó lado do Concello por ser o Alcalde, ó lado dos Servizos Sociais por ser o Cuñado, (Pita, quen manda e non se preocupa de que esté libre a plaza para, os máis dos que parece, discapacitados.Xa hora todo queda na casa, e os demáis pagamos multas.
Said
o do alcalde é moito mais claro, e o do concellal esta rotulado. se fora o do alcalde non lle ouberan borrado a matricula. manipulacion???? branco e en botella......
Said
vilalba ciudad sin respeto y sin ley
Said
Por qué se poñen todo tipo de comentarios nunha soa linea? Por qué son anónimos? Non se recibiu un comentario "firmado" con probas da falsedade, manipulación, infamia .. que representa este artigo tamén "anómino"? (sabemos de sobras que non, querido Iago...)
Por qué non se publican as fotos que aclararian o erro e foron remitidas xunto ás do coche de Vicepresidenca ocupando CLARAMENTE es praza de aparcamneto? Ou non existe tal erro e somentes se pretende manipular por medio da mentira?
Quedo a gusto ainda que sei que non se vai publicar.
Un saudo!
Por certo.. Anonimo!!