Sota, cabalo e rei

Manuel París

Os problemas do Partido Popular están a facer mella na saúde mental dos dirixentes desta forza política, que xa non entenden nada nin tampouco se entenden entre eles, o cal resulta máis grave. Visto o panorama, quédalles pouca credibilidade para presentarse como alternativa de Goberno: non reaccionan e tampouco se deixan asesorar, a súa grande asignatura pendente.

A Mariano Rajoy o desautoriza ata o alcalde de Boadilla del Monte. Os escándalos de corrupción e espionaxe en Madrid, con sendas causas abertas, provocaron no día de onte catro ceses ou dimisións (tampouco se aclaran neste termo). Porén, dúas gotas colmaron o vaso nos últimos días: o apoio de certos dirixentes populares galegos a esa organización autodenominada Galicia Bilingüe, cuxas mensaxes de fondo a delatan no seu empeño por crear unha polémica fora de lugar, rachando coa idea predominante ata agora da nosa lingua como patrimonio de todos; e as declaracións da presidenta Esperanza Aguirre esta mañá, que pretende pasar a pelota ao tellado do veciño con argumentos peregrinos que se achegan á fronteira da infamia.

A todo isto, está por ver se hai máis casos relacionados con tramas de espionaxe, vendettas e paraísos fiscais. Tras o affaire de Carrera Pásaro e as illas Caimán, pode ser que esta semana haxa máis sorpresas. Estean atentos, please. Por certo, recoméndolles o "regetón" das illas Caimán; chegou o momento, non perdan detalle.

10 de feb. de 2009

7 comentários :

  • Pareceme moi lamentable a actitude que está a mater a Voz de Vilalba. Penso que se lle ven os colores. Levo moitos anos en Asturias e era un medio a través do que me informba. Despois dos denodados ataques a un partido político xa lle teño que decir hastra sempre. A mín, que persoalmente non me importa nin me gusta todo aquelo que leve connotacións políticas, disgustame a actitude dun medio destas características. Pregúntome eu, que non coñezo a ninguén relacionado con este periódico, que camiño terán que coller os seus editores no momento en que haxa un cambio político, algo que algún día, non se sabe cando, acabará por suceder.

    ASTUR.

    11 de febreiro de 2009, 16:47

  • porqué neste medio non se fala das prazas convocadas polo consorcio dependente de vicepresidencia? será porque vos vai a auga ó rego? non criticábades antes o cazoleo e que se metera a xente a dedo?, ou esas prazas non están dadas a dedo?. xa vexo a obxetividade deste medio. dubido que ata publiquedes o comentario.

    13 de febreiro de 2009, 19:35

  • disculpas pola dubida respecto á publicacion. agora que xa o fixestes, porqué non unha opinión sobre o tema?, os que temos por costume ou hobbi (por desgracia non é coña) presentarnos a oposicions sen pasar antes pola ferreteria para mercar os enchufes, sentiamonos tan enganados antes co pp, como agora con psoe e bng. eche o mesmo can con distinta correa.

    14 de febreiro de 2009, 01:40

  • E por que motivo tiña que falar este medio das prazas do Consorcio?

    1. É unha batalla particular da Voz de Galicia, cada vez máis "La Voz de su Amo", contra o bipartito. A ese medio si que se lle ven as cores...

    2. Os sindicatos presentes no comité do Consorcio aprobaron a convocatoria, a pesares de que a Voz de Galicia minta sistemáticamente sobre este particular.

    3. Vilalba non ten ningún servizo do Consorcio: nin centro de día, nin residencia, nin galescola, nin xantar sobre rodas nin farrapos de gaita, e non é porque o Consocio non quera. Habería que lle preguntar ao Sr. Alcalde por que rexeita sistemáticamente implantar estes servizos tan necesarios, só por un malintencionado cálculo político torticeiro e que non ten en conta as necesidades dos cidadáns. Este é o debate que, coido, debería iniciar A Voz de Vilalba.

    Xeixo

    14 de febreiro de 2009, 13:14

  • xa, xa, cada un tira pola tixola para o seu lume. reconocedeo dunha vez: todos son iguais e todos meten ós seus. falas dos sindicatos como si eles non tiveran tampouco intereses partidistas. e perxudicados somos os de sempre, o cidadan de a pe que intenta non decantarse por ningun partido politico. tamen temos o exemplo das famosas e criticadas festas para os maiores de fraga. preguntade canto se gastaron estos anos nas "xuntanzas de maiores". o dito, mesmo can e distinto collar.

    14 de febreiro de 2009, 13:32

  • As Administracións, unhas e outras, pode que caian na tentación de favorecer a amigos, (o que dí Feijóo do amiguismo).Pero o anterior é cousa notoria que non quere ir a un debate na TVG, e si non vai é por algo tan sinxelo como elocuente, él foi Vicepresidente da Xunta Con Fraga e polo tanto tería que dar moitas explicaciós sobre o uso e abuso do PP, pódome remitir a que lean as Hemerotecas e concordarán comigo sendo obxetivos, que o que antes estaba ben, e Feijóo agora o que ten propostas no seu Programa que contradice o dito Cando era VICEPRESIDENTE DA XUNTA, hai tres anos e medio.Non vou citar as causas pendentes coa Lei que teñen cargos do PP tanto en Galiza como en Madrid ou Valencia, todos feudos do PP.
    Para mostra decir que os cartos Públicos, ían ser Xestinados polo Cabezeira de Lista do PP por Ourense, que se "OLVIDOU" de declarar unhos cartos fraudulentos que tiña nas illas Caimán, e según o Propio Feijóo os CARTOS DOS GALEGOS ían estar ben nas suas máns.
    Engadir para rematar, que non son ningún beneficiado por partido algún e non teño nin quero ter prebendas de ningún.

    FENDETESTAS

    14 de febreiro de 2009, 19:26

  • Pois si algo hai que me gustou por ser de Xustiza por varios motivos, o é que o Centro da Tercira Idade dirixido polo CuñadoadedodoAlcalde, non hai moito é un Centro ABERTO a toda a Sociedade.
    Paréceme unha idea boa e integradora, de tal xeito que xa non é o "Centro dos Vellos", é O CENTRO de TODOS os que queiran usalo, e por certo depende de Vicepresidencia, que non do Consorcio.Cada cousa é diferente.
    Pode ser unha Institución de referencia para quen queira comprobalo, que alí seguen a estar os que "sempre estiveron", engadido Pepe Apenelas.

    14 de febreiro de 2009, 19:49

Danos a túa opinión