Redacción
O secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, presentou a súa "renuncia" á fronte do partido tras obter onte o PP a maioría absoluta nas urnas e esfumarse así a posibilidade de reeditar a coalición co BNG e manter o Goberno da Xunta de Galicia. En rolda de prensa dende a sede da formación en Santiago de Compostela, Touriño explicou que a "decisión é persoal e intransferible", deixando aberta a porta a unha "nova etapa" tras a súa dimisión e o regreso á oposición dos socialistas galegos.
Touriño insistiu en que a súa decisión é "irrevogable" para todos os cargos de responsabilidade dentro do partido. O aínda líder dos socialistas galegos aproveitou a súa comparecencia para calificar a campaña electoral como "a máis sucia da historia de Galicia".
Pola súa banda, o líder do BNG Anxo Quintana afirmou que “non cumprimos os nosos obxectivos electorais” e a transmitiu “unha mensaxe de agradecemento aos milleiros de galegos e galegas que confiaron no proxecto propio para este país que representa o BNG. “Os apoios recibidos son importantes e anímannos a seguir traballando. Quintana anunciou que non renuncia ao seu cargo de Portavoz Nacional do BNG. Nunha rolda de prensa logo da reunión da executiva do seu partido, o candidato do BNG dixo que non dimite e pide tempo para asimilar os malos resultados do 1 de marzo, ata que se celebre a reunión do Consello Nacional da formación nacionalista.
Said
¿Non deberían de seguir o mesmo camiño en Vilalba aqueles de dilapidaron a excelente progresión do PSdeG-PSOE e fan que se pase de sacar 3300 votos en municipais, 3000 nas xerais a ter agora 2100 votos, o mesmo nivel que no 2005?
Alguen debería de darse conta que camiña hacia o abismo se non recupera ós socialistas de sempre para a causa e non deixa a doctora Veleiro pilotar o futuro do partido.
¿Que lles importará máis o partido socialista ou o seu propio beneficio?, saberase de preto, pero xa vaticino que como non den marcha atrás, 2100 votos serán moitos comparados co que lles esperan nas próximas municipais.
Asdo: Un vilalbés que espera máis dos socialistas
Said
E AGORA QUÉ SONIA?
Non che escribo dende a vinganza nin tampouco dende o rancor, procuro opinar dende un punto de vista que non é o máis acertado. Di o anterior anónimo que perdestedes en pouco menos de dous anos un terzo do capital político que vos legaron Elba Veleiro e Martín Seco García. De quen a responsabilidade?. Refuxiaraste no eterno tópico de que nada teñen que ver as municipais coas autonómicas. Efectivamente, nada en absoluto, porque contigo nunha lista ao Concello é probable que o PSOE vilalbés volva as máis profundas catacumbas da política. Non me equivoquei moito cando che aventurei que podías estar no Hórreo sen escano no Concello. Penso que non ía descamiñado. Non me alegro da derrota de ninguén e moito menos neste caso, porque son un home de esquerdas, aínda que non votei pola candidatura que ti embadurnache. Fíxeno pola que encabezaba Fernando Blanco, a quen lle sobra a dignidade política que a ti che falta. Alguén terá que responder dos erros do socialismo vilalbés. Ti, Sonia Verdes Gil, concelleira de Vilalba nada na Feira do Monte (teño aquí a túa biografía) e agora parlamentaria electa deberías dar as oportunas explicacións ante os teus electores e os que che deixaron de votar. O peso da responsabilidade persoal e moi duro. Aconselloche que leas a Seneca. Alguén che dixo que Vilalba non era Roma pero non pagaba a traidores. Acertou de pleno.
XAN DO MUÍÑO
Said
Penso que Quintana xa foi abandonado pola UPG antes do Consello Nacional. De feito, no seo do Bloque xa se fala de Fernando Blanco como o próximo Portavoz Nacional.
Said
Sí ben e certo que o PSOE baixou unha terceira parte dos votos, tamén o é que o BNG aumentou a respecto das municipais máis de douscentos, e o PP aumentou tamén en menor medida pero sin conquerir os mesmos que as anteriores eleccións Galegas.
Visto o panorama político da vila, según os resultados, nas eleccións locais non cambiaría moito a composición do Goberno Local, que por outra parte estamos acostumados a ter e teremonos que acostumar máis.De todos os xeitos coido que non hai que deixar de loitar por un cambio no noso Concello, que ainda que dificil non é imposible, sempre e cando non haxa turbulencias dentro do BNG E PSOE, que fagan indecisos incluso os seus propios votos; case igoal que o Bigoberno.Eu sigo creendo no cambio, e non só no Concello, a falta do que pase ate a eleccións correspondentes, penso que o PP ainda que gañou contundentemente, vai ter que fiar fino para poder conservar a Xunta.
A cuestión para min é sencilla; Feijóo vai ter que facer políticas que non sobresalten a opinión do electorado, polo que coido que non van cambiar moito, pois de facto o Bigoberno foi o erro que tivo, que non é outro que Autocomplacencia e o Continuismo agás catro cousiñas e os votantes de esquerda non "palparon o cambio" como agardaban.
Os votantes demostraron ser consecuentes có seu pensamento e deronlle outra maioría o PP, pero ollo que desta volta e a anterior fiaron fino, e en función do que pase de eiquí en diante, pode voltar o PSOE-BNG, con moita facilidade, pois non actuou como voto cautivo senón que castigou, e pode voltar a castigar.En número de votos e escanos a diferencia é mínima, as cousas para o PP non están para tirar foguetes de sete estalos, e para os outros creo que terán que facer política de verdade e non Xestionar sin máis.
Eu estou convencido de que desta volta os electores non lle deron maioría ó PP, senón que castigaron ó PSOE-BNG e son votos "de prestado".O povo é sabio, máis do que semella.
FENDETESTAS
Said
Se o ollamos dese modo tamén podemos dicir que os resultados acadados nestas eleccións en comparación coas anteriores Autonómicas son mellores, mellorase en número de votos. O resultado acadado en Vilalba e semellante ao do resto da provincia xa que en concellos governados por alcaldes Socialistas os resultados foron moito piores e o descenso máis acusado sirva como exemplo: Lugo, Sarria, Viveiro, Foz, Burela, etc...
Como se pode ver esto non ocorre únicamente no noso pobo, polo que eu creo que non se debe criticar únicamente a executiva vilalbesa senón a Provincial e tamén a Nacional.
Os resultados en Vilalba foron malos pero comano resto de Galicia, asi que, o bando de Martín Seco non debe de aproveitarse destes resultados xa que non dan fe do que pode ocorrer nas Municipais do 2011.
Said
No caso de Sonia Verdes, exceptuando a victoria popular, coido que foi a persoa que supoño estaría máis contenta o 1M no Concello de Vilalba, pois hai que ter en conta que agora é deputada en Santiago.De feito coido que saeu millor parada que Eduardo Vidal, pois este deixa de ser Delegado Provincial de Medio Ambiente có que esto conleva; non sei si con esta nova situación cambiaran moito as cousas nos socialistas vilalbeses, pois sin eu coñecela non sei para onde tirará, pero é a máis beneficiada e non debe ser nada parva, xa que en pouco tempo pasou de ser concelleira á primeira, a ser deputada tamén á primeira: seguiremoslle a pista e eremos o que acontece e o que traballa, non creo que a colocaran en postos de saída gratuitamente, dende logo a súa carreira política é meteórica.
Independentemente do acontecido eu tamén penso que os resultados Autonómicos inda que os comparei coas municipais, non teñen nada que ver entre sí; só o fixen para observar a tendencia.Penso que perdeu o socialismo de Martin Seco e o de Eduardo Vidal-Luis Fernández e Monasterio.Os últimos acontecementos restanlles a estes últimos Poder e colle a antorcha Sonia Verdes.Veremos o que pasa cara adiante coa Deputada, pois semella que se compra-vende facilmente dende a miña perspectiva de votante.