Redacción
Esta maná tivo lugar no Auditorio de Galicia de Compostela a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación PuntoGal, responsable de preparar a candidatura para a consecución dun dominio para a cultura e a lingua galega: o .gal.
Nesta reunión presentouse a xestión realizada pola organización dende a súa fundación en 2006 e as actividades realizadas ata agora. Tamén tivo lugar a aprobación de contas e do orzamento para 2009, así como a presentación do informe das actividades previstas para o mandato da nova xunta directiva, integrada polas seguintes persoas e entidades:
Nesta reunión presentouse a xestión realizada pola organización dende a súa fundación en 2006 e as actividades realizadas ata agora. Tamén tivo lugar a aprobación de contas e do orzamento para 2009, así como a presentación do informe das actividades previstas para o mandato da nova xunta directiva, integrada polas seguintes persoas e entidades:
Presidente: Manuel González (Real Academia Galega)
Vicepresidente: Camilo Regueiro (Idesga-Galego 21)
Secretario: Darío Janeiro (Colexio Profesional de Xornalistas)
Tesoureiro: Lois Rodríguez (Vieiros)
Vogais: Marcus Fernández (Isoc-Gal); Luis Romero (Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia); Sergio Aramburu (Consello da Avogacía); Manuel Bermejo (Universidade de Santiago); Miguel Seoane (Galicia Hoxe) e Moncho Paz (A Voz de Vilalba).
A solicitude do dominio .gal debe presentarse ante a Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN), organismo internacional que regula Internet a nivel mundial e que se encarga de conceder e recoñecer novos dominios.
O dominio galego servirá para agrupar en Internet todas as iniciativas vencelladas á lingua e á cultura galega; crear un espazo propio que permita identificar as empresas galegas na web; servir como ferramenta de unión e identidade que contribúa ao desenvolvemento da sociedade da información entre os cidadáns e permitir a conexión entre as realidades galegas en todo o mundo. Na actualidade, a Asociación PuntoGal conta con máis de 90 entidades asociadas, así como máis de 10.000 apoios individuais.
Said
Agardemos que esta iniciativa consiga algo, e que reciba o apoio do novo goberno da Xunta de Galicia. Iniciativas como esta deben contar co apoio de todos os grupos políticos, que as respalden por consenso. Unidade de acción. E parabens aos promotores de A Voz de Vilalba por incorporarse a este proxecto. Moita sorte.
Miguel Abraira
Said
Esta iniciativa que é boa en sí mesmo, crea autoestima, como moitas outras.
Parabéns.
FENDETESTAS