
Fermin Bouza (Compostela, 1946), catedrático de Socioloxía (Opinión Pública) na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense, incorporouse á lista de colaboradores de avozdevilalba. com.
Bouza, membro fundador da Asociación de Comunicación Política (ACOP), ten publicado diversos libros sobre a súa especialidade e colabora en diversos medios de comunicación. Respecto á súa obra literaria, recebeu o Premio da Crítica polo seu poemario Labirinto de Inverno. Nado en Santiago, reside en Madrid desde 1968.

Hai uns meses, en outubro de 2008, Xosé Manuel Pacho, saltou á primeira fila literaria cando se lle concedeu o premio Torrente Ballester 2007, que outorga cada ano a Deputación Provincial d’A Coruña, pola súa novela A choiva do mundo. Esta obra singular foi calificada entón coma literatura "vangardista" escrita nun "galego cosmopolita", feito que a fixo destacar entre os 300 orixinais procedentes de 18 países que concursaban naquela XIX edición.
Aquela foi a súa primeira, e fructífera, incursión na literatura, pois ata ese momento só tiña publicados ensaios sobre política e dereito. A obra, de estirpe faulkneriana, presenta unha ampla mestura de xéneros (pezas teatraIs, novelas truncadas, relatos de emigrantes, prosa poética, artigos xornalísticos, críticas literarias e mesmo o guión dunha curtametraxe…), facendo referencias á realidade cotián. A acción destaca polo seu cosmopolitismo e desenrólase en múltiples escenarios (cidades dos cinco continentes) e abarca múltiples temáticas (amor, desamor, morte e tolemia).
Said
Noraboa para A Voz. Por un lado, a lucidez dos comentarios sempre suxerentes de Fermín Bouza. Por outro, o Pacho, que é unha das voces narrativas máis prometedora do panorama. Parabéns.