Onte, 27 de maio, fixo unha semana desde o falecemento de María Amelia López, unha muller que se deu a coñecer internacionalmente como “a avoa blogueira” por mor da súa bitácora “A mis 95 años”, inaugurada xusto o día en que cumpriu esa idade, o 22 de decembro de 2006.
"Amigos de Internet, hoxe cumpro 95 anos. Chámome María Amelia e nacín en Muxía o 23 de Decembro de 1911. Hoxe é o meu aniversario e o meu neto, como é moi cutre, regaloume un blogue. Espero poder escribir moito e contarvos as vivencias dunha señora da miña idade". Con estas palabras comezaba a súa bitácora na que, entre outras cousas, foi debullando paseniñamente moitas das súas lembranzas máis persoais. Desde os lonxanos anos da Primeira Guerra Mundial, até a dura posguerra, as súas andanzas por Corcubión, Muxía e outras localidades galegas, unhas vacacións no Brasil ou as manifestacións ás que asistiu. Tamén os seus orixinais comentarios sobre todo tipo de temas, as croquetas ou o botellón entre eles.
No seu blogue, como é costume neles, tamén tiña cabida de todo, incluida a política. Neste eido lembraba, por exemplo, a súa oposición ao réxime franquista, ou non se arredaba á hora de mostrar as súas opinións sobre temas candentes, xa fora o terrorismo, o papel dos deputados no Congreso ou a política nuclear iraniana. Sen ocultar as súas preferencias ideolóxicas, en plenas eleccións galegas, co gallo dun mitin na Coruña do presidente Rodríguez Zapatero, María Amelia coñeceu ao xefe do Executivo e confesoulle a súa militancia socialista "desde os 16 anos".
María Amelia nacera en Muxía (Pontevedra) en 1911. Isto converteríaa, segundo diversas fontes, na autora de blogue máis anciá do mundo, seguida de cerca por Allan Loof, un sueco nacido en 1912 que se propuxo plasmar na Rede a súa autobiografía (http://allanloof.blogspot.com/). O crecente número de visitas lle valeu en 2007 o premio BOBs (Best of Blogs), tanto do xurado como do público. Non está mal se temos en conta que este galardón, concedido pola cadea de televisión internacional alemá Deutsche Welle á mellor bitácora en español, pasa por ser un dos máis prestixiosos neste mundo dos weblogs.
José Luis Orihuela, profesor de comunicación da Universidade de Navarra, autor do libro A revolución dos blogs e membro do xurado de The Bobs, por mor da noticia da súa morte comentou que “os blogues, como se prometeu desde o comezo, son realmente unha ferramenta que democratiza o acceso á información e á publicación”. Efectivamente, o seu blogue servíu a esta muller para demostrar ao mundo o poder de comunicación que vén tendo Internet, mesmo para os anciáns. Nunha entrevista a axéncia EFE recoñeceu o que a Rede, de súpeto, supuxo para ela neses intres de soidade, cando xa todas as súas amigas finaran, “unha xanela ao mundo na que podo aprender moitísimas cousas" e tamén establecer amizades "que me queren aínda que nunca me viron". Como exemplo da súa vitalidade incansable cómpre lembrar que, segundo ela mesma confesou noutra ocasión, algunhas persoas “de 60 anos coméntanme que me paso de moderna, pero eu dígolles que elas nin sequera teñen conversación”.
É difícil saber se alguén, nun futuro, realizará un inventario ou unha análise de certa profundidade sobre os blogues coma reflexo da “intrahistoria” colectiva ou reivindicación do “eu” individual nun mundo no que é desgraciadamente cada vez máis común a alienación. A medida que vai envellecendo a poboación mundial poida que talvez un día lembremos a Amelia como unha das precursoras do movemento dos “tecnoavós”, pois a súa vitalidade levouna a crear o grupo "Anciáns en acción" na rede social Facebook, onde en pouco tempo acadou centos de seguidores. Directamente, despois do dereito a unha pensión digna e a evitar o relego a unha residencia, María Amelia colocaba entre as súas reivindicacións as facilidades para o acceso dos maiores á Rede porque “a Internet”, dicía, “é unha necesidade para un ancián”.
Sen darlle ao asunto máis épica da que merece, cómpre dicir que esta muller sinxela conseguiu, desde a súa Muxía natal, que televisións de todo o mundo se fixasen nela e enviasen aos seus correspondentes a Galicia para entrevistala, converténdose nunha das blogueiras máis internacionalmente coñecida, xunto á cubana Yoani Sánchez. Ao coñecer a súa morte Steve Kingstone, correspondente da BBC en España, sinalou: “Internet perdeu un dos seus grandes personaxes".
O filósofo Bertrand Russell dicía con respecto ao tempo libre que “a disciplina externa é o único camiño á felicidade”. Iso mesmo, se é que algunha vez o ignorou, moveu a Amelia, aos seus 95 anos, a entusiasmarse coas posibilidades da Rede coma medio de comunicación. O seu neto Daniel, encargado de teclear todos os seus posts, incluíu unha mensaxe a modo de epitafio virtual como peche dos 880 días que mantivo a súa bitácora: “Este blogue remata aquí, pero continuará noutro formato alá onde ela estea. Será un formato diferente, que aínda non podemos ler. Pero tede claro que todos, tarde ou cedo, acabarémolo lendo”.
Sirva este artigo, pois, como unha pequena homenaxe.
Ver o blogue de María Amelia: http://amis95.blogspot.com
mariopaz@avozdevilalba.com

Said
Desde el blog en apoyo al “Premio Maria Amelia López Soliño” a la mejor bitácora escrita por una persona de la tercera edad, agradecemos este post tan emotivo de homenaje, y les animamos a estimular a los más mayores a seguir su ejemplo.
Un saludo afectuoso.