Manifestación en defensa da nosa lingua

Redacción

O Instituto de Estudos Chairegos fletará un autobús o próximo domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, para que todos aqueles que queiran podan asistir á manifestación en defensa da lingua galega que se celebrará en Santiago de Compostela convocada pola Mesa de Normalización Lingüística.

A saída terá lugar 9.30 horas, desde a Casa da Cultura, e o regreso ás 17 horas. Pódese inscribir quen quiera ata o xoves, 14 de maio, falando directamente con membros da Xunta Directiva do IESCHA, ou chamando aos teléfonos: 639-246459 e 651-361628.

11 de maio de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión