Autocompracencia

Moncho Paz

A caída libre do BNG debería ser motivo de preocupación para o conxunto da esquerda galega, pois a única alternativa ao PP pasa pola coalición entre socialistas e nacionalistas. Vese que non hai unha lección apresa. Por iso non se entenden as declaracións posteriores á Executiva nacionalista do pasado luns, despexando responsabilidades e recoñecendo que se atopan “moderadamente satisfeitos” cos resultados do 7 de xuño. Pensar que a perda de votos vai directamente á abstención é quedarse na superficialidade.

Hai unha ausencia de autoanálise e non se afonda nas causas da diminución progresiva de apoios rexistrada dende finais dos noventa, cando o discurso europeo –baseado na defensa e protección da economía produtiva do país– era unha baza de conexión coa sociedade. Hoxe ese discurso diluíuse en outras cuestións como a lingua, o benestar e o autogoberno. No seo do BNG existe unha sensibilidade que dende hai tempo reclama unha radiografia social de Galicia para renovar un proxecto político esgotado. Para dar ese paso fai falla vontade, decisión e fuxir da autocompracencia.

12 de xuño de 2009

5 comentários :

  • Dá a sensación de que o BNG efectivamente non ten claro o discurso, e o que é peor, parece que non sabe cales son as necesidades básicas do pais, para poder desenrolar políticas avanzadas e de contrastado valor, que poña en pé os distintos sectores productivos.Hai unha certa percepción de debacle, e que non sabe sair do pozo no que está afundido, non así o PSOE que a pesares de "Pachi", semella que leva a voz cantante, engadida a defensa do Idioma.Non é allea a Comarca da terra Chá a esta situación, e a expensas das proximas eleccións locais, que poden supoñer a desfeita, tendo en conta os votos dos últimos comicios electorais, dende as Galegas do Bipartito, Locais, Xerais e Europeas.Pode ser a Terra Chá o exemplo da desaparición progresiva do BNG?.Irémolo vendo.

    FENDEDETESTAS

    12 de xuño de 2009, 10:54

  • Non vexo eu ao PSOE nun estado de graza coma di Fendetestas. Pero sí vexo que a renovación que fixo o B.N.G. non contentou a casi ninguén. A figura de Paco Rodríguez, como anxo da garda, na sombra e en primeira fila, deixa unha cheirume que non permite ver ou atisbar unha miguiña de aire novo. As bases son os militantes, pero os votos non son só dos militantes. Percíbese un descontento nos nacionalistas non adscritos, e Guillerme non achega nada que deixe ver un raio de esperanza a este país. As municipais están á carreiriña dun can, e moito me temo que a debacle é a estrela dos dirixentes actuais do B.N.G.

    15 de xuño de 2009, 12:19

  • Pois entón teremos que aturar aos populares até que teñamos unha alternativa seria sensata e con ansia de facer de Galiza o que realmente é, unha Terra sen explotar en todos os eidos, con moito futuro por diante, sempre que os nosos dirixentes se ateñan a practicar políticas e desenrolo sostible e eficiente.
    Por outra banda, non creo que Rodriguez, e é demostrable, teña a culpa do que pasa no BNG, sempre se lle pon como chivo expiatorio, pero poucos parlamentarios tivo Madrid da súa talla, e neste caso nunca tivo Galiza un representante que nos defendera coa entereza e integridade que posee.No PSOE e no PP de Galiza non hai ninguén coa bagaxe que él ten.
    Penso que as críticas a Rodriguez son precisamente pola capacidade que ten, e que é indiscutible; supoño que o BNG non o ten por telo.E ademáis non se aferrou ao cargo, cousa que é de agradecer, pois non é o que soe acontecer, como por exemplo Fraga do PP, ou Antolín Sanchez Presedo no PSOE.
    Creo que ó BNG crea en certa xente xenreira contra él polos medios de comunicación e non coñece a traxectoria de Rodriguez.A estas alturas non se pode estar demonizando sempre co mesmo como fai Feijóo repetindo até a saciedade as malas contas do Bipartito, penso que xa somos maiorciños para creer con Fé e non coa Crítica que cada un poida ter.
    O conto do Lobo xa é moi vello.

    FENDETESTAS

    17 de xuño de 2009, 12:32

  • Paco Rodríguez non se aferrou ao cargo,pero está na Executiva, e move os fíos do títere que puxo á fronte. Dicer que Paco é o salvador, a alma mater, a raíña nai do BNG é moito dicer. O BNG está afastándose das bases nacionalistas que aínda quedan na Galiza, e comicio vai, comicio vén, os resultado están aí e ou hai un cambio radical na cúpula do BNG ou voltaremos á representación que tiña o BNG antes de Beiras. Éche o que hai.

    19 de xuño de 2009, 12:31

  • Pois sempre pensei que o BNG tomaba as actitudes políticas colexiadamente; entón a Executiva está tamén mangoneada.Pois será millor que se vaian todos para a casa.
    E que eu saiba P.R. estaba con Franco, despois de Franco, na transición e na democracia, engadindo nese tempo as pérdidas e victorias do BNG, con Beiras,despois de Beiras, con Quintana e despois de Quintana.Así que logo, ainda que seña o Coco terá que haber alguén máis que defenestrar; o darlle tanto poder e como decir que o resto do BNG non é masa crítica senon sumisos de P.Rodriguez.
    Eu non creo en Dios para canto máis supoñerllo a P.R.
    A cadaquén o seu.

    FENDETESTAS

    20 de xuño de 2009, 11:04

Danos a túa opinión