Ensínalles (en) galego


Moncho Paz

Hoxe remata o prazo para a presentación da consulta ás familias sobre o idioma no ensino. Unha medida oportunista, de escaso rigor científico e antipedagóxica, que resposta a un compromiso asumido en época pre-electoral. Moitos dubidamos da lexitimidade desta acción, que cuestiona un dereito e alimenta unha polémica artificial entre pais, nais, docentes e outros membros da comunidade educativa.

Pertenzo a esa xeración que medrou entre a agonía do franquismo e a incipiente democracia, que tivo a oportunidade de estudar galego na escola e afondar así na nosa cultura. O proceso de normalización lingüística, que comezara coa aprobación do Estatuto de Autonomía, abriunos os ollos. Nalgúns casos, até axudou a superar un complexo de auto-odio: moitos raparigos pudieron falar e escribir en galego sen frustracións.

A nosa lingua é un patrimonio irrenunciable, que non debe dividir aos cidadáns. Porque “as linguas suman”. Desexo -mais tamén esixo- para os meus fillos a oportunidade de aprender idiomas na escola sen renunciar ao galego, alicerce da nosa identidade como pobo.

19 de xuño de 2009

4 comentários :

  • Si señor. É unha cuestión de pura e simples democracia. Ou a hai, ou non a hai. E a de aquí xa fede.
    Inda que me gustaría ver unha maior implicación dos defensores do noso, que son moitos, contra esta agresión gratuíta ao que é noso.

    Fervellasberzas

    19 de xuño de 2009, 09:13

  • Si só fora unha agresión ainda podera ser que me conformara, pero trátase dunha ELIMINACIÖN en toda regra.O PP non ten as manias do Bipartito e aplica a súa política,(outra cousa é o que lle poida supoñer), dura e cruda.Hoxe escoitei na radio que tamén van recortar as axudas para os libros de Primaria.É o que hai, e parece que a cidadanía non se entera dos recortes sociais que o PP aplica e siguelles a dar a confianza electoral.No caso de Vilalba en que todos nos coñecemos sabemos moi ben como hai persoas e familias enteiras traballando en postos "a dedo", engadidos os funcioinarios, que xa é moito decir.Pois ou ben votan PP para que os coloquen, e non hai sitio para todos, ou..............falla a educación política e de todo tipo.Non entendo un pobo submetido tanto tempo, e o que quedará.E ainda escoitei o Alcalde chufando a ITV que se vai inaugurar o día 30, "que consolidará a Vilalba como un pobo de sevizos que é".O Noso Alcalde conformase con que señamos pobo de servizos, nada de INDUSTRIA, que é a que dá postos e traballo, ou de explotación dos recursos ilimitados que temos en moitos campos.

    19 de xuño de 2009, 17:19

  • A min paréceme unha volta ao pasado, cando a nosa língua non estaba permitida, ou cando a tachaban de paleta, cando menos. E cando pouca xente se daba conta de que lle roubaban os seus dereitos (como agora o da gratuidade dos libros).
    Aínda hoxe, sorpréndeme oír a xente que dí : "A mi no me gusta el gallego.", "Yo no voy a hablar nunca gallego, que es muy vulgar."
    Non esaxero: É así. Ou pasádevos polas aulas do Basanta Silva ou calquera outro instituto e escoitade a @s alumn@s máis "pij@s", por así dicilo. Parece mentira que aínda estemos anclados no pasado...

    UnhaCalquera

    24 de xuño de 2009, 16:57

  • UNHA CALQUERA, non é unha volta cara o pasado, pois nel falabamos máis o Galego e sabiamos quen era cada quén "cuasi" pola fala...Alcalde, Crego,Mestre, Xuiz, ou membros de calquer exército.Os que chegaban a ser "algo" falaban en Castelán, que era como "máis fino".
    Agoa trátase de eliminar, só falta que agora aproben os exmes para funcionarios en Galiza, os madrileños, ou os valencianos, ao poder elexir idioma e que "se note", si así é xa verás como os mesmos que dician que NON ao Galego dirán SÍ....pero xa será tarde para eles.Son as causas como o da gratuidade dos libros, que non van chegar a case ninguén, ou a paralise da Xunta que prometeu amañar todo en xá, ou querer poñer 65 horas de traballo por semana, ou xubilación aos 70 anos.Son cousas da dereita ¿liberal?.Non son cousas de votar ó PP, e polo que parece é o que quere a xente.Pois veña adiante que xa nos cansaremos de PP.
    Aos outros, é dicir a nosoutros, tócanos enfrentarnos en todos os eidos a estas arbitrariedades de quen colle o poder para "SÍ MESMO", colectiva ou individualmente.
    Apertas.

    FENDETESTAS

    29 de xuño de 2009, 20:16

Danos a túa opinión