A Consellería de Cultura e Turismo pretende manter un diálogo permanente con todos os profesionais, especialmente das bibliotecas públicas para a elaboración dun Plan de Bibliotecas para esta lexislatura. Neste eido, estudaranse as propostas presentadas de cara a deseñar unha modernización eficaz dos modelos de xestión, mantendo, e incrementando no posible, as liñas de axudas ás bibliotecas públicas.
Por elo, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez, recibiron hoxe aos representantes da asociación de bibliotecarios e arquiveiros ANABAD Galicia aos que comunicaron as liñas de traballo da Consellería para conseguir un sistema de bibliotecas moderno e integrado. Neste sentido, o conselleiro anunciou a presentación en 2010 dunha nova Lei de Bibliotecas na que se está a traballar na súa fase de borrador, coa finalidade de adecuar o marco normativo vixente desde 1989 ás novas necesidades do sector.
Respecto á Biblioteca de Galicia, o conselleiro Roberto Varela confirmou a súa inauguración en 2010, coincidindo co Ano da Lectura, concibíndoa como un proxecto para todos os galegos. O plan para esta biblioteca ten como obxectivo recoller e difundir a nosa cultura en calquera soporte no que será prioritario o servizo á rede de bibliotecas públicas.

0 comentários :
Danos a túa opinión