Redacción
O Festival Independente de Vilalba, FIV, vivirá este sábado a súa segunda edición, como preludio das festas patronais da capital chairega.
O cartaz deste ano inclúe ao cantante vigués Juan Rivas, un dos autores máis sinalados dos últimos anos, e con tres sorprendentes discos no mercado. O último deles, "Mundo Feliz", mistura sen comlexos bossa nova, bogaloo, lounge ou sonido Motown, nunha proposta fresca e sorprendente.
O festival contará tamén coa banda arousá Cornelius, cuxo estilo musical abarca rock, funk, rock&roll, hard rock ou acústico, cantado sempre en inglés. A banda está formada por David "Chiquillo" ás voces, Antonio Casado "El Abuelo" & Toni B. Willisch -un vello coñecido por estes lares- ás guitarras, Jose Vilas no órgano e piano e a sección rítmica a forman Andoni Arcos ao baixo e Ton Risco á batería.
The Pinker Tones é un dúo catalán recoñecido por crítica e público a nivel internacional. Coa música electrónica como base, misturan pop, funk, soul, bossa nova, breakbeat, swing, lounge e psicodelia. Teñen actuado xa en máis de 40 países.
Pecharán o FIV os DJ´s Javier Rial e Lelé. Unha cita moi recomendábel na noite do vindeiro sábado na Praza da Constitución vilalbesa.
O cartaz deste ano inclúe ao cantante vigués Juan Rivas, un dos autores máis sinalados dos últimos anos, e con tres sorprendentes discos no mercado. O último deles, "Mundo Feliz", mistura sen comlexos bossa nova, bogaloo, lounge ou sonido Motown, nunha proposta fresca e sorprendente.
O festival contará tamén coa banda arousá Cornelius, cuxo estilo musical abarca rock, funk, rock&roll, hard rock ou acústico, cantado sempre en inglés. A banda está formada por David "Chiquillo" ás voces, Antonio Casado "El Abuelo" & Toni B. Willisch -un vello coñecido por estes lares- ás guitarras, Jose Vilas no órgano e piano e a sección rítmica a forman Andoni Arcos ao baixo e Ton Risco á batería.
The Pinker Tones é un dúo catalán recoñecido por crítica e público a nivel internacional. Coa música electrónica como base, misturan pop, funk, soul, bossa nova, breakbeat, swing, lounge e psicodelia. Teñen actuado xa en máis de 40 países.
Pecharán o FIV os DJ´s Javier Rial e Lelé. Unha cita moi recomendábel na noite do vindeiro sábado na Praza da Constitución vilalbesa.
Said
¿Quen o organiza?
Said
O concello, que pon 30.000 euros, máis o que poña Estrella Galicia. Todo para darlle gusto a catro e sen que a riqueza se quede no pobo ou polo menos se traia algo de calidade.
Said
Imagino que la pregunta parte de un miembro de la organización, es decir, del Concello, y no hace falta ser muy inteligente para acertar...
Pues bien, deben saber los villalbeses que la idea de este FIV surgió una noche entre copa y coca de un iluminado miembro del grupito pijo con tintes fachas que pretende conquistar a nuestra juventud, lo mismo que hace el alcalde en época electoral al invitar a cubatas en pubs incluso a menores.
Y encima 30.000 euros de las arcas municipales para unas 200 personas que allí estaríamos, como mucho.
Es lo que tenemos...
Said
Pero que negativos somos. Para os amantes deste estilo de música este festival é algo hai anos impensable. Celebrémolo pois. Ademáis, Juan Rivas é un dos mellores músicos do momento.
Said
30.000 euros? Se o Concello gastou toda esa pasta no FIV, ao que van catro gatos, apaga e vámonos. Se eu fora da comisión do San Ramón deixáballes plantado o invento sin máis explicacións. Anda que se poden facer cousas con trinta mil euros! Eu creo que iso é máis que toda a programación anual do auditorio.
Dende logo, é alarmante o desconectada que está esta corporación da xente. Pasamos todo o santo verán sen nada de nada -deben creer que todolos vilalbeses nos vamos de vacacións- e agora gastan todos eses cartos no FIV? Por favor, que alguén confirme se isto é certo, porque si o é eu creo que algún debe dar explicacións...
UN DA GENERAL
Said
Eu sumome ao que dí UN DA GENERAL.
Sí é como se dí claro que alguén tería que dar explicacións.
É ben certo o desconectado que está o Equipo do PP, (o que goberna), da sociedade Vilalbesa.
FENDETESTAS
Said
Por certo que outra volta traen a dar outro Pregón, este das Festas, a Antonio D. Olano que no seu momento escribira aquelo que reza algo así:
Nací en un pueblo de Galicia,
de cuyo nombre no quiero acor-
darme.
O pobo que acostuma a ser sabio en ocasións púxolle un alcume: El PÁJARO BOBO, non sei o motivo pero é deducible.
FENDETESTAS
Said
Por suposto que é unha salvaxada o que costa o FIV para 400 tíos que como moito estaríamolo vendo, por eses cartos traese a un artista de primeiro nivel nacional e enches o pobo de xente, xerando ambiente e riqueza na nosa vilalba olvidada todo o verán polos seus dirixentes.
Por outro lado este home que da o pregón é a segunda vez que o dá, para a miña opinión se está menospreciando a posibles pregoeiros ilustres que poderían facer un bonito pregón aínda que non sexan pelotas do PP e de Fraga, O profesor Villares, o profesor Villanueva, Bernardo García e outros cun nivel e un coñecemento de Vilalba perfecto para un pregoeiro, pero frefírese traer a tíos como o ex Conselleiro de Cultura o Sr. Currás que debeu de pasar por Vilalba de camiño a costa pola xeral algún día da súa vida porque nin papa do noso pobo.ç
Vilalba merece outra cousa
Said
un artista de primeiro nivel como ven decis...(supoño que moi famoso e realmente o que queren dicir) custa non menos de 40 a 60.000 mil euros para o norte, mais o que custa montar o escenario e o equipo de son mais os tecnicos ,calquer orquesta de medio pelo ben custando 9000/12000 euros,¿en que pais viven ustedes?,30.000 euros e unha cifra moi pequena e ben humilde para montar este tipo de espectaculos,¡¡¡porque no se deixan de falar de cousas que non teñen nin idea¡¡¡¡ e se tanto saben porque non organizan algo y se enteran do complexo que pode resultar
Said
Eso de que non se trae a ninguén por 30000 euros, estás de coña ou queres tomarlle o pelo a xente, se case que tódolos artistas están baixando o caché polo tema da crise a uns límites que non se soñaban noutros anos, vamos ter que pedirlle a voa de vilalba que chame a alguén que se adique a estos temas e pregunte, levaríamos unha sorpresa e algún se preguntaría onde van os 30000 euros,
Said
madre mia!que 30mil euros es una cifra pequeña para Vilalba??!! tu si que no tienes ni idea! gastarse 30mil euros en semejante cartel!! PPECADO TIO, PPECADO!! que no se puede hacer un festival de la leche lo acepto, pero que se puede hacer un festival con grupos que atraigan a una poca de gente al pueblo, y mas a corde con unos gustos un poco mas universales, creo que está clarísimo!!! pal proximo, para pinchar, os podeis traer al DJ de la Hermo que os queda ahí alado...a ver si os lo currais un poco, y os dejais de hacer con el dinero público lo que os gusta a unos poquísimos... aunque quizás ese sea el problema, que algunos no entienden el concepto de dinero público, del mismo modo que no tienen ni idea de política, porque si no es por el clientelismo de la chaira, vosotros al pueblo, por vuestros propios méritos, no os lo ganabais en la vida!! Lamentable cartel... y la prueba esta en el resultado... es una pena que ese resultado no se de también el las elecciones...
Said
Antonio D. Olano, hombre sabio
Said
O que dí que 30000 euros son pouco creo que está un ppouco desfasado, ou ben quere xustificar o gasto.
Con 30000 euros organizo eu un festival de película, naturalmente hai que ter imaxinación e coñecemento do medio, e poño o pobo patas arriba, cheo de xente para escoitar os diferentes grupos, e con unha calidade aceptable.
Cós cartos do que veu de "mantido", de seguro que tamén chegan para traer algo millor que él mesmo.
O que pasa,é que para unhas cousas non se poñen reparos en gastar e en outras sobran a esgalla, pero é o que temos e o que unha maioría quere, "festas de cumprir".
En canto ás orquestras hainas mooim boas e non son caras, outra cousa e querer traer productos sucedáneos como Paris de Noia, ou algo así.Non por máis coñecidas son mellores.E orqestras hainas.
FENDETESTAS
Said
O señor que lle chama sabio ao que renega de Vilalba que se vaia con él. O señor Olano foi un insulto a cidadanía. Respecto aos gastos do FIV con eses cartos estou dacordo con todo o que di o camarada Fendetestas. Só subscribir a súa opinión e nada máis.
Xan do Muíño
Said
Para cando un concerto de Madonna en Vilalba? e que o presente o Pájaro Bobo, alias Olanito.
Hai rumores polo pobo que din que o persoaxe que elixe o pregoeiro do San Ramón é o que fora presidente do Parlamento Galego, o Leira. Deus lle manteña ese gosto.
Said
Non me extrañaría nada que "O Leiras" seña o que impón o pregoeiro das festas.Tamén foi un bon alcalde para "os seus" e desastroso para os que non podemos poñer un PREGOEIRO, así con maiusculas.
En Vilalba hai dabondo onde escoller, ademáis de ser mellores coñecedores da nosa vila.
E non é condición obrigada que non seña "popular", que tamén os hai e farian un bon pregón, sin alusións nin tendencias como as do Pájaro Bobo,(expresión popular), simplesmente facer un Pregón Festivo, que é do que se trata.
Os mítines son na discoteca, non no Auditorio.
FENDETESTAS