As últimas adquisicións da Fundación Barrié, destinadas a engrosar a súa colección de pintura contemporánea, son a materia da exposición En construción 2, que se pode visitar na sede viguesa da entidade até comezos do próximo mes de outubro. As quince pezas que se expoñen, asinadas por autores galegos e internacionais, forman parte da colección de pintura contemporánea internacional da Fundación, que se unen ás anteriores presentadas ao público na súa cita con «En Construcción 1». Todas elas foron adquiridas pola Barrié nas feiras de Arco 2009, en Madrid, e Arte Lisboa 2008.
Case todas elas, salvo algunha cesión temporal a distintos centros de arte, exhíbense en primicia na cidade de Vigo, localización na que o pasado ano tamén recalou a exclusiva de ensinar a primeira entrega dos fondos propios, e tamén enmarcados nas correntes pictóricas contemporáneas, da fundación.
Nesta exposición, artistas internacionais comparten espazo na caixa dos miragres da sede olívica con galegos de renome, tales como o compostelán Suso Fandiño, a coruñesa Ángela da Cruz e o lalinense Álvaro Negro, xunto co francés Jean-Marc Bustamante, o alemán Peter Zimmermann e o ruso Andrei Roiter. Á obra destes creadores súmase outras adquiridas en 2008, de Frank Nitsche, Herbert Brandl y Otto Zitko, pero tamén do español Daniel Verbis ou dos portugueses Pedro Calapez e José Lourenço. En definitiva, quince obras que procuran o lado íntimo do espectador á hora de contemplar a pintura.
Segundo di David Barro, crítico compostelán de arte que ademáis de comisario da mostra e director de revísta Dardo, “a diversidade das obras en relación coa idea de collage como paradigma da arte contemporáneo e a súa disposición segundo unha montaxe que xoga co espazo da chamada 'Caixa dos milagres' dentro do edificio pretende facer pensar ao espectador en que a idea de pintura está a reconstruírse continuamente”.
A xuízo deste experto, esta determinación, que está na orixe da miscelánea exposta en Vigo pola Barrié, é o que fai diferente esta colección doutras, ademais da súa vocación enteiramente internacional, onde conflúen artistas de aquí e alá, permitindo que un artista galego poida confrontarse con outros de alén das nosas fronteiras.

0 comentários :
Danos a túa opinión