O vindeiro domingo 6 de setembro terá lugar a X Xornada Europea da Cultura Xudea en Ribadavia. O acto contará con visitas guiadas, das 11 ás 17 horas, para coñecer o Barrio Xudeu, os seus mitos e lendas e toda a verdade en torno á Xudaría de Ribadavia. Neste senso, realizarase un singular percorrido onde se visitará non só a xudería senón tamén o Museo Sefardí de Galicia (CIXGA). A saída farase desde a Oficina Municipal de Información e Turismo. Ofreceráse unha degustación de viño kosher e doces sefardíes despois de cada visita.
O obxectivo é facer un percorrido pola historia e a presenza hebrea en Galicia, cidades de asentamento, costumes, actos de convivencia, oficios e labores, persecución e integración. Cómpre lembrar algúns acontecementos vinculados a esta comunidade ubicados no século XX, como por exemplo aqueles vencellados ás irmás Touza.
Tamén se fará a inauguración oficial da Sinalización da Rede de Xuderías de España. Ribadavia, como membro da Rede de Xuderías de España-Camiños de Sefarad, colocará a sinalización que marcará a xudería e o seu ámbito. Este acto farase ás 12 h Rúa Merelles Caula (inicio na Praza Maior) cara a Praza da Magdalena.
Asemade, ás 12.30 ho Centro de Estudos Medievais organiza unha conferencia sobre a figura do Malsín no Salón de Plenos do Concello de Ribadavia.

Said
Shalom,
Os meus mellores desexos de ledicia neste ano que comeza. Que HaShem vos encha de bendicións.
SHANA TOVA UMETUKA
Leshaná tová tikatevu vetijatemu.
Said
Que así sexa Shana, que teñas bon ano tí tamén.
É de agradecer unha intervención xudea neste blog, e que ademáis ten bos desexos para tod@s.
Que HaShem non dé a tod@s Ledicia, Paz e Amor.
FENDETESTAS