O lema é debido a Fermín Bouza e expresa o que parece obvio: que, a todo o traballo de derrube que o PP está levando a cabo, debe de sucederlle outro labor de reconstrución. Se en 2013 volve ao goberno unha coalición de progresistas e nacionalistas terá que proceder a retornar ao consenso destrozado pola dereita -pero xa sen ela, ao parecer- e implementar unha política lingüística que non pode ser improvisada.
Temos toda a lexislatura para debater sobre esa nova política que, forzosamente, ha de ser ambiciosa. Para definir qué se pode facer de modo construtivo, non só na educación, senón tamén noutros ámbitos e, moi especialmente, no dos medios de comunicación de masas. Si: eses mesmos que entrarían en crise de non ser regados con grandes fondos públicos e que atenden as pulsións non da sociedade civil, senón das consignas elaboradas nos think tank da dereita cavernaria. FAES&cia, xa saben.
A hipótese do PP -que a sociedade galega non só quere ver cómo pasa o cadáver senón ademais enterralo entre golpes e insultos- é errónea, aínda que a inestimable axuda dos medios de comunicación amigos ( e o dun conservadorismo que se sente máis forte ) lle cause a impresión de que esa batalla lle favorece.
Non cabe dúbida de que a súa mensaxe callou nunha parte da opinión, pero non ate o punto de que poida manterse indefinidamente. As falacias e as mentiras teñen o recorrido que teñen. Non duran eternamente. Temos tempo para organizar unha discusión social, para que a democracia funcione cos seus mecanismos correctores.Pero temos que organizala sabiamente, sen perder a serenidade, con confianza na libertade e no criterio popular.
Claro que o que buscan, como o buscaron antes, é o desestimento, instalar na sociedade a idea de que ese partido representa á maioría natural. No terreo lingüístico, que a maioría desexa que o castelán sexa o idioma por defecto, o normal e habitual, e o galego unha língua optativa, unha especie de anomalía que hai que soportar.
Fano, para máis inri, intentando colocar aos seus adversarios o sanbenito de pretender a imposición. A moitos demócratas que saben que moitos entre os que iso defenden apoiaron a ditadura de Franco iso ábrelles as carnes.
E con certa razón. De feito, son peculiares demócratas aqueles que teñen a caradura de denominar imposición a leis aprobadas polo parlamento, ao que foi unha determinada expresión da vontade dos representantes do pobo galego: sempre intentan pasar por alto ou disimular ese dato tan simple que desacredita boa parte do seu discurso. Practican a Lei do Embudo.
Se as leis favorecen ao castelán parecen pensar, a iso lle chamamos libertade. Se favorecen ao galego trátase, entón, de imposición. Ás veces o seu delirio lévaos a confundir a defensa do castelán coa defensa de España, como se o galego non fose, precisamente, un idioma español. Poderían ler a Constitución, precisamente.Dende logo, a súa idea de España -con evidentes raíces no totalitarismo nacional-católico- parece pasar pola liquidación de todo elemento de diversidade e, por suposto, do dereito ao uso do galego en condicións de igualdade e sen discriminación algunha. Quererían, simplemente, que o galego desapareza das súas vidas.
De momento, no entanto, e sen pretensión de molestar, o sábado, día 17 de Outubro, no Teatro Principal, ás doce da mañá, a Iniciativa “Galego. Patrimonio da Humanidade” anunciou a convocatoria dun acto para facer constar que unha parte fundamental da sociedade galega non quere asistir ao velorio, gracias, moi amables.
Os que alí esteamos, que seremos moitos e moi diversos confiamos na democracia: en que a vontade popular faga valer no futuro a reclamación de igualdade para o galego que, non o esquezamos, forma parte dos dereitos civís dos cidadáns que, lexitimamente, desexamos seguir falando no que foi o idioma dos nosos pais ou o que escollemos porque nos deu a gaña.
Dicimolo, por certo, sen acritude, libremente, sen imposicións.
Tanto que esperamos que se o PP perde as eleccións de 2013 interpretará que a sociedade galega estimou conveniente obxectar o marco legal e as leis que agora están sacando -cheos de entusiasmo e confianza en si mesmos- para favorecer ao castelán.
De producirse esa derrota o PP terá que recoñecer que os cidadáns estimaron que o galego merece protección legal e, por tanto, que a Xunta de Galicia debe de retornar ao sentido marcado pola Constitución, o Estatuto de Autonomía -que forman o así chamado bloque de constitucionalidade polo profesor Pérez Royo- e á LNL para situar aos dous idiomas en certa situación de igualdade.
Tal vez conveña lembrar aquí, para curtos de memoria, que a doutrina do Tribunal Constitucional avalou non só a morna actitude dos pasados gobernos galegos senón tamén a política de inmersión lingüística catalana, en aras dos valores constitucionais, aspecto que ocultan o PP, GB e a dereita social en torno aos colexios privados do Opus.
Estamos no tempo do derrube, que é malo, se é malo o que se derruba. Pero despois virá o tempo da reconstrucción que será boa se é bó o que se reconstrúe. Terá que ser moi apoiado en consensos sociais e con todo o garantismo para os dereitos individuais, pero, insisto, moi meditado e ambicioso. Si, moi ambicioso.

0 comentários :
Danos a túa opinión