O xoves 24 de setembro ás 17 horas reanudaranse na Biblioteca do Consello da Cultura Galega as xornadas de reflexión e debate “ARTE+ESPAZO PÚBLICO” coa intervención de Nelson Brissac, filósofo e organizador do proxecto Arte/Cidade (Sao Paulo-Brasil), que falará sobre “Activar a cidade”.
Organizadas pola Sección de “Creación e Artes Visuais Contemporáneas”, que coordina a profesora María Luísa Sobrino, as xornadas desenvolveranse ata o vindeiro mes de decembro e servirán para elaborar e publicar un informe sobre a situación actual da arte nos espazos públicos, con especial referencia a Galicia. Con anterioridade, no ano 2000, o Consello da Cultura Galega publicou o informe “A arte nos espazos públicos”.
En abril, maio e xuño interviron nestas xornadas Simón Marchán, Sophie Hope e Francesc Muñoz, que falaron, respectivamente do monumento e a fraxilidade simbólica, a programación (Londres) e a planificación da cidade (Barcelona).
PROGRAMA
21 outubro. “Sinalizar a cidade”. Rogelio López Cuenca, artista visual.
Novembro. “Idear a cidade”. François Schuiten, debuxante de banda deseñada.
17 decembro. Xornada de debate sobre “Arte+espazo público en Galicia”.
Para asistir é necesario inscribirse a través de: www.consellodacultura.org e o enlace “Arte+espazo público”.
Teléfono de contacto de María Luísa Sobrino: 629-860422

0 comentários :
Danos a túa opinión