O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, e o presidente do Padroado Pro Escola de Santaballa de Vilalba, Isidro Cillero Prieto, asinaron este mércores o convenio de colaboración que rexerá as obras de acondicionamento da cuberta principal deste inmoble. Tal e como salientou o nacionalista, a Área de Cultura da Deputación sufragará, mediante a concesión dunha subvención de máis de 57.000 euros, a totalidade dos custos derivados da execución deste proxecto de rehabilitación que tenta pórlle solución aos problemas acaecidos na estrutura do edificio logo dos desatinados arranxos realizados na fachada e no tellado da vivenda durante as últimas reformas.
Acompañado por varios membros da directiva do Padroado Pro Escola de Santaballa, Antón Bao percorreu as dependencias deste inmoble e comprobou in situ o estado no que se atopa a súa fachada principal. De todas as intervencións efectuadas, durante a última reparación á que foi sometido o edificio, a que máis está a afectar a súa estrutura é a aplicación dunha capa de morteiro que se aproxima aos 15 centímetros de espesor en determinadas zonas da cuberta. Esta actuación supuxo un incremento do peso a soportar pola estrutura nun 170% o que ocasionou a aparición de numerosas gretas e a deformación das distintas fachadas da construción. Ante esta situación, a primeira medida que contempla o proxecto de restauración da Escola é a eliminación da citada capa de morteiro.
O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, visitou tamén unha das dependencias da Escola Habanera adicada a aula de ensinanza que conserva o seu estado primixenio, podendo apreciarse os seus antigos pupitres, mapas e diverso material escolar. Nesta aula, Antón Bao asinou, sentado na cadeira do mestre, o libro de visitas da Escola Habanera de Santaballa. Isidro Cillero, en nome da asociación que preside, entregou a Antón Bao como mostra de agradecemento un libro que recolle a historia da Liga Santaballesa, coa creación da Escola Habanera que se vai arranxar, e tamén lle entregou a insignia que representa á institución desa parroquia vilalbesa.
Nunha conversa informal, Isidro Cilleiro Prieto confirmoulle ao vicepresidente da Deputación a intención do Patroado Pro Escola de Santaballa de habilitar un museo dedicado á emigración na planta baixa do edificio unha vez rematen as obras de acondicionamento deste espazo. Antón Bao amosouse moi interesado neste proxecto cultural que pretende rescatar unha parte da historia de Galiza para conseguir que esta perdure ao longo do tempo.

0 comentários :
Danos a túa opinión